Anomalópidos

(Redirección desde «Anomalopidae»)

Os Anomalópidos (Anomalopidae) ou ollos de lanterna son unha familia de peixes mariños teleósteos, incluída na orde Bericiformes (Beryciformes). Distribúense por augas tropicais, principalmente do Índico e Pacífico.

Anomalops katoptron

Características editar

O trazo característico destes peixes é un órgano bioluminiscente situado baixo o ollo, dotado dunha cuberta cutánea que permite regular a cantidade de luz que emite e que serve para atraer o zooplancto do que se alimentan; a luz está producida por bacterias simbionte.

Teñen unha única espiña na aleta pelviana, 2 ou 3 espiñas na aleta anal e 2 a 6 na dorsal. Miden ó redor de 30 cm de lonxitude.

Viven en augas profundas pero durante e escuridade da noite a maioría de especies soben a augas superficiais para alimentarse do zooplancto.

Clasificación editar

Divídense en seis xéneros e oito especies:

  • Xénero Anomalops (Kner, 1868)
  • Xénero Kryptophanaron (Silvester e Fowler, 1926)
  • Xénero Parmops (Rosenblatt e Johnson, 1991)
  • Xénero Photoblepharon (Weber, 1902)
  • Xénero Phthanophaneron (Johnson e Rosenblatt, 1988)
  • Xénero Protoblepharon (Baldwin, Johnson e Paxton, 1997)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar