A bertorella é un peixe mariño da familia dos fícidos (Phycidae), dentro da orde dos Gadiformes.

Bertorella

Bertorella da lama.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Gadiformes
Familia: Phycidae
Xénero: Phycis
Especie: P. blennoides
Nome binomial
Phycis blennoides
Brünnich, 1768
Área de distribución.
Área de distribución.

Área de distribución.
Sinonimia

Gadus blennoides (Brünnich, 1768)

Distínguense dúas especies: a bertorella da lama[1] (Phycis blennoides, Brünnich 1768) e a bertorella de rocha (Phycis phycis, Linnaeus 1766).

Descrición editar

O corpo é longo e afiado, alcanzando tamaños máximos de ata 110 cm con pesos máximos de 3,5 kg (Fish Base), aínda que o habitual é que veñan medindo entre 30 e 45 cm. O corpo é alargado, de cor castaña ou gris avermellada no dorso, aclarando cara ao branco no ventre.

As aletas non posúen radios espiñosos, se ben a primeira dorsal presenta os primeiros radios claramente alargados. Nas aletas pectorais hai un primeiro radio libre moi longo, que alcanza o nacemento da aleta anal.

Un elemento característico son as pequenas barbas na queixada inferior, que tamén se presenta noutras especies de gadiformes, e de aí os nomes populares de barbada ou faneca barbuda.

Hábitat e distribución editar

Habitan a costa oeste do Atlántico, entre os 20º Norte e os 71º Norte, desde Noruega e Islandia ata Cabo Verde en África. A área de distribución inclúe o Mediterráneo.

Son especies bentopeláxicas e oceanodromas, que viven en augas de profundidades comprendidas entre 100 e 450 m, pero tamén poden pescarse ata os 1000 metros.

Aliméntanse de peixes de fondo, crustáceose moluscos.

As bertorellas en Galicia editar

Ríos Panisse recolleu para estas especies o nome de bertorella (e mais bertoella, bertorello ou bertuella) xunto cunha ampla sinonimia na costa galega: abretán, abrotia, barbada (de altura, de fóra), babosa, basoca, bertán, cangrexa, faneca barbuda ou lorcha, ademais dos castelanismos brota e brótola.

Notas editar

  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

Ligazóns externas editar