Abrir o menú principal

Hans Hubert "Berti" Vogts (nado o 30 de decembro de 1946, en Büttgen, Renania do Norte-Westfalia, Alemaña) é un futbolista e adestrador. Formou parte da selección de fútbol de Alemaña.

"Berti" Vogts
Berti Vogts press conference.JPG
Información persoal
Nome completo Hans Hubert Vogts
Nacemento 30 de decembro de 1946
  Kaarst
Nacionalidade Alemaña
Altura 168 centímetros
Posición Lateral dereito, Central
Información de club
Club actual retirado
editar datos en Wikidata ]

XogadorEditar

En 1954, con 7 anos de idade, únese ao VfR Büttgen, club no que ficou ata 1965, ano no que foi transferido ó Borussia Mönchengladbach. Aquí estivo ata a súa retirada en 1979, sendo unha das pezas clave do equipo que ao longo dos 70 gañou 5 Bundesligas, 1 Copa de Alemaña e 2 Copas da UEFA. Fixo 419 aparicións en liga anotando 33 goles e 64 encontros e 8 goles nas competicións europeas.

A nivel internacional xogou 96 encontros coa selección absoluta de Alemaña do Oeste, anotando un gol. En 20 deles foi o capitán o equipo. Foi un xogador fundamental no campionato mundial de 1974 que gañou Alemaña. Tamén participou no equipo que venceu na Eurocopa de 1972.

AdestradorEditar

Despois de rematar a súa carreira coma xogador, chegou ó cargo de seleccionador do equipo sub-20 de Alemaña, cargo no que estivo ata o ano 1990. En 1990, despois da vitoria da escuadra no Mundial de Italia foi ascendido a adestrador da selección absoluta. Nesta etapa conseguiu a Eurocopa de 1996. Posteriormente tamén adestrou á selección de Escocia e Kuwait, sen moito éxito.

Ligazóns externasEditar