Bertel Thorvaldsen
Albert Thorvaldsen, coñecido como Bertel Thorvaldsen, nado en Copenhague o 19 de novembro de 1770 e finado na mesma cidade o 24 de marzo de 1844 foi un escultor dinamarqués.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (da) Albert Bertel Thorvaldsen 19 de novembro de 1770 Copenhague, Dinamarca |
Morte | 24 de marzo de 1844 (73 anos) Copenhague, Dinamarca |
Lugar de sepultura | Museu Thorvaldsen (pt) (1848–) |
Residencia | Grønnegade (en) (1770–1771) Copenhague Vingårdstræde (en) |
Educación | Royal Danish Academy of Fine Arts (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | escultor, deseñador |
Empregador | Royal Danish Academy of Fine Arts (en) |
Membro de | |
Xénero artístico | Arte pública (pt) |
Alumnos | Carl Hoffmann (pt) |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Carlo Thorvaldsen |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopedia soviética armenia Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarEra fillo dun islandés que se instalou en Dinamarca e alí dirixiu un comercio de esculturas en madeira. Estudou na Academia de Arte de Copenhaguen, onde obtivo moitas distinción, incluída a medalla de ouro. De aí marchou a Roma cunha bolsa de estudos.
En 1819 regresou de visita ao seu país, no que foi contratado para facer unha serie de estatuas colosais de Cristo e os doce apóstolos para a reconstrución da Vor Frue Kirke, a Catedral de Copenhaguen, entre 1817 e 1829, tras ter sido destruída no bombardeo británico de Copenhaguen en 1807. Os traballos iniciáronse tras o seu retorno a Roma e non remataron até 1838, cando Thorvaldsen volveu para a Dinamarca.
Morreu de súpeto cando estaba no Teatro Real de Copenhaguen, o 24 de marzo de 1844.