Berghaus Ltd.

Berghaus é unha empresa téxtil fabricante de roupa e equipamento deportivo, con sede en Sunderland, Tyne and Wear, Inglaterra. A súa base está no nordeste de Inglaterra, pero distribúe en todo o mundo. Foi fundada en 1966 polos escaladores e alpinistas Peter Lockey e Gordon Davison, inicialmente como importadora e distribuidora de produtos de aire libre. A tenda de Lockey e Davidson en Newcastle upon Tyne era coñecida como LD Mountain Centre. En 1972 comezaron a deseñar e fabricar os seus propios produtos para vender na súa propia tenda. Chamaron á súa marca 'Berghaus', que é unha tradución literal de 'casa da montaña' en alemán.

Berghaus
TipoFilial de Pentland Group
FundaciónNewcastle upon Tyne, Inglaterra
1966
LocalizaciónSunderland, Inglaterra
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa, equipamento
Páxina webhttp://www.berghaus.com
editar datos en Wikidata ]

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar