Benjamín Núñez Sanmartín
político galego
Benjamín Núñez Sanmartín foi un industrial e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Galicia |
Morte | século XX |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarMembro de Izquierda Republicana, logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Curtis.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou a resistencia comezando coa recollida de armas, e desprazouse cun grupo de veciños a Betanzos e Coruña o día 20 de xullo. Despois fuxiu. Militante do PCE. Foi procesado en Santiago de Compostela por rebelión e declarado en rebeldía. Exiliouse no Brasil. Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi condenado en 1940 a quince anos de inhabilitación absoluta, quince anos de desterro a máis de douscentos quilómetros de Arzúa e o pago de vinte e cinco mil pesetas.[2]
Predecesor: Ramón Espiñeira Rodríguez |
Alcalde de Curtis 1936 |
Sucesor: ? |
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 17-4-1936, p. 8.
- ↑ BOE, 2-3-1940, p. 1107.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Benjamín Núñez Sanmartín na páxina web Nomes e Voces.