Benimaclet é o nome que recibe o distrito número 14 e un barrio da cidade de Valencia. A súa poboación era de 30.626 habitantes no 2009.[1]

Situación do distrito de Benimaclet.
Escultura no metro de Benimaclet.
Campus da Universidade Politécnica.

Situación

editar

Benimaclet áchase na parte norte da cidade, limita ao oeste co barrio de Orriols, ao norte co municipio de Alboraya, e co segundo cinto de rolda de Valencia (tradicionalmente chamado camiño de Tránsitos) ao sur. Na actualidade, o antigo municipio de Benimaclet conforma un distrito da cidade de Valencia, que engloba o antigo pobo e as zonas recentemente urbanizadas da súa ao redor, así como a zona na que se acha a Universidade Politécnica de Valencia, que se coñece como Vera. Coa finalización da rolda Norte de Valencia e a urbanización de terreo a horta vai desaparecendo.

Historia

editar

Benimaclet tivo sempre unha entidade propia, coa súa igrexa, coa súa praza maior e cunha distribución de rúas moi similar á de calquera pobo da comarca de L'Horta. Aínda existen carteis nalgunhas rúas nos que pon literalmente "Poble de Benimaclet". Foi municipio independente desde os inicios do século XVI até a súa anexión a Valencia en 1878. Até 1970, data na que pasou a ser un barrio máis da cidade foi unha pedanía da cidade de Valencia. A súa proximidade ás universidades literaria e politécnica de Valencia fixéronlle contar sempre cunha numerosa poboación estudantil.

Benimaclet foi unha das zonas da cidade con maior tradición asociativa, a Associació de Veïns de Benimaclet foi unha das máis importantes da cidade na época de maior auxe do movemento veciñal, existen numerosos casais falleiros e tamén a Confraria do Crist da Providència de Benimaclet (unha entidade fundada no século XVI e que actualmente persiste organizando as festas patronais no mes de setembro). É tamén un dos barrios da cidade onde aínda se escoita falar maioritariamente o catalán nas súas rúas, nos comercios e no seu típico mercado.

Poboación

editar

Benimaclet tiña 30.448 habitantes en 2007, distribuídos entre dous barrios:

  • Benimaclet (24.673)
  • Camí de Vera (5775)
  1. "Districte 14. Benimaclet" (PDF). Oficina d'Estadística. Ajuntament de València (en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar