Benigno Díaz González

Benigno Díaz González, nado no Incio e finado en Eirexalba o 11 de maio de 1939, foi un político galego.

Infotaula de personaBenigno Díaz González

Traxectoria editar

Veciño de Samos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi xulgado en consello de guerra en Lugo por atraco na causa 143/37 e por rebelión na causa 405/38 e declarado en rebeldía. Agochado con Enrique de Vigo na casa de Carmen Maceda Macía en Eirexalba, foron descubertos e tiroteados pola Garda Civil o 11 de maio de 1939.[1] No enfrontamento morreu o tenente Manuel Castro Lebón, xefe de liña da benemérita de Sarria; Carmen Maceda tamén resultou morta horas despois e os seus fillos Antonio e Anuncia, detidos.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar