Benedicta Bello Pernas

María Benedicta Bello Pernas, nada en Candia en 1908 e finada en Lugo o 16 de febreiro de 1996,[1] foi unha política galega.

Infotaula de personaBenedicta Bello Pernas

Traxectoria editar

Abandonaron Mondoñedo para trasladarse a Bretoña, onde levantaron unha xastrería, oficio que desempeñaba o seu home Manuel. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida o 1 de xuño de 1937, acusada xunto seu home Manuel Ferreiro Lamas de "rebelión militar" por axudar a fuxir ao alcalde Victoriano Mateo Hombreiro ofrecéndolle vivenda e alimentos durante o tempo que permaneceu oculto.[2] Xulgada na causa 535/37, foi condenada a reclusión perpetua no consello de guerra celebrado en Lugo o 30 de xullo de 1937. Pasou polas prisións de Saturrarán, en Guipúscoa, e despois pola de Palma de Mallorca. A súa condena foi reducida a oito anos e, en 1945, saíu en liberdade condicional.

Vida persoal editar

Casou con Manuel Ferreiro Lamas e foi nai de Alejandrina, Enriqueta e Dora Ferreiro Bello.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar