Un ben público é un concépto económico, consistente nun ben económico que malia ser de produción custosa, é non rival e non excluínte. Un ben é non rival cando o seu uso por unha persoa en particular non prexudica o uso futuro por outros individuos, e non excluínte cando o seu uso por unha persoa en particular non prexudica o uso simultáneo por outros individuos. Diferéncianse dos bens libres, como o aire limpo, en que estes últimos non son bens económicos.

Na categoría de ben público pódese distinguir o ben común, un tipo particular de ben económico natural ou fabricado polo ser humano, cun tamaño, extensión ou características que fan moi custoso, senón imposible, excluír do seu gozo o uso a potenciais beneficiarios. A diferenza dos bens públicos puros, os bens comúns están suxeitos a problemas de conxestión ou saturación por risco moral.

O problema que entrañan os bens públicos é que o mercado non valora adecuadamente estes produtos e proporciona unha subministración distinta da que sería eficiente, polo que en moitas ocasións hai que empregar procedementos de subministración do ben que salve estas dificultades.

Non rivalidade editar

A rivalidade no consumo dun produto implica que o consumo por parte dun individuo reduce a cantidade dispoñible para outros. Así, se un individuo come un pastel, non queda pastel para ningún outro, xa que xa o comeu.

Principio de exclusión editar

O principio de exclusión está relacionado coa imposibilidade de excluír do consumo dun produto a determinadas persoas. As razóns da imposibilidade poden ser físicas ou económicas. A baixa capacidade de exclusión implica que ou é imposible ou moi caro prohibir o consumo dun ben a outros individuos.

Bens mixtos editar

Obviamente, estas definicións teóricas non sempre son aplicables no mundo real, xa que estritamente non hai ningún ben que non poida ser derivado a calquera nivel de consumo mercantil. Porén, os economistas pensan que algúns bens do mundo real se aproximan moito a estas definicións, o suficiente para que estas teñan sentido.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Buchanan, James M.: Demanda y oferta de bienes públicos, 1968. (Libro electrónico en inglés) (en inglés)
  • Hardin, Garrett: "La tragedia de los comunes", Gaceta Ecológica, núm. 37, Instituto Nacional de Ecología, México, 1995. Tradución de Horacio Bonfil Sánchez do orixinal: "The Tragedy of Commons" en Science, v. 162 (1968), pp. 1243-1248. (en castelán)
  • Stiglitz, Joseph E.: La economía del sector público, Ed. Antoni Bosch Editor, 2003. ISBN 8495348055 (en castelán)

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar