"Bella ciao" é unha canción popular italiana. Descoñécese a súa orixe, aínda que varios historiadores indicaron que a súa orixe está nas mulleres das mondinas, traballadoras de arrozais de finais do século XIX que cantaban a canción como protesta polas duras condicións de traballo nos arrozais da Italia setentrional. A canción orixinal foi modificada e adoptada como himno da resistencia antifascista dos partisanos italianos entre 1943 e 1945 contra as forzas ocupantes da Alemaña nazi, durante a guerra civil italiana e contra a República Social Italiana. Existen varias versións de "Bella ciao", e está considerada socialmente como un himno de liberdade e resistencia antifascista.[1] Acadou unha popularidade renovada no ano 2017 trala súa inclusión na serie de televisión La casa de papel.

Melodía editar

 

Letra editar

Letra en italiano[2] Tradución ó galego

Una mattina mi son svegliato
O bella ciao, bella ciao, bella ciao ciao ciao
Una mattina mi son svegliato
E ho trovato l'invasor.
 
O partigiano portami via
O bella ciao, bella ciao, bella ciao ciao ciao
O partigiano portami via
Ché mi sento di morir.
 
E se io muoio da partigiano
O bella ciao, bella ciao, bella ciao ciao ciao
E se io muoio da partigiano
Tu mi devi seppellir.
 
E seppellire lassù in montagna
O bella ciao, bella ciao, bella ciao ciao ciao
E seppellire lassù in montagna
Sotto l'ombra di un bel fior.
 
E le genti che passeranno
O bella ciao, bella ciao, bella ciao ciao ciao
E le genti che passeranno
Mi diranno: "Che bel fior!".
 
È questo il fiore del partigiano
O bella ciao, bella ciao, bella ciao ciao ciao
È questo il fiore del partigiano
Morto per la libertà.

Unha mañá, eu acordei
adeus bela, adeus bela, adeus, adeus, adeus
unha mañá, eu acordei
e atopeime co invasor.

Oh!, partisano, lévame canda ti
adeus bela, adeus bela, adeus, adeus, adeus
Oh!, partisano, lévame canda ti
que síntome morrer.

E se eu morro de partisano,
adeus bela, adeus bela, adeus, adeus, adeus
e se eu morro de partisano,
hasme ter que soterrar.

cava unha foxa na montaña,
adeus bela, adeus bela, adeus, adeus, adeus
cava unha foxa na montaña,
á sombra dunha bela flor.

e a xente que pase,
adeus bela, adeus bela, adeus, adeus, adeus
e a xente que pase,
Dirame “que bela flor!”

Esta é a flor dun partisano ,
adeus bela, adeus bela, adeus, adeus, adeus
esta é a flor dun partisano,
morto pola liberdade.

Notas editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.