Belako (grupo musical)
Belako é un grupo de post-punk vasco da localidade de Mungia, na provincia de Biscaia, cuxas cancións están cantadas maioritariamente en inglés, aínda que tamén inclúen algunha canción en éuscaro.
Belako | |
---|---|
Belako no 2014. | |
Orixe | Mungia, Biscaia, País Vasco |
Período | 2011-presente |
Xénero(s) | Post-punk, indie, rock alternativo |
Membros | Josu Ximun Billelabeitia Lore Nekane Billelabeitia Lander Zalakain Cris Lizarraga |
Na rede | |
Páxina oficial | |
O termo Belako fai referencia ó barrio de Mungia onde ensaian e de onde son os irmáns Josu e Lore.[1]
Historia
editarO grupo de Mungia (Biscaia) formouse no 2011, inspirado pola new wave dos 80, facendo versións e tocando en pequenos locais. Axiña, evolucionaron a sons máis actuais combinando o post-punk con toques electrónicos.
No 2012, gañaron o concurso de maquetas de Euskal Irrati Telebista e obtiveron o terceiro posto en Radio 3. Estes resultados permitíronlles tocar no Bilbao BBK Live ese mesmo ano, e posteriormente, abrir concertos de Elvis Costello no Festival de Jazz de Donostia.
As excelentes críticas fixeron de Belako, a pesar da súa mocidade e a editar unicamente un álbum longo, Eurie (Choiva, en éuscaro), se presentase como unha banda cun gran potencial no panorama nacional.
Eurie, publicado a comezos de 2013 baixo a produción de Aitor Abio en Gaua estudos, lévanos a lembrar atmosferas do post-punk británico. No disco destacan os temas "Sea of confusion", "Haunted house" e "Southern sea (Beautiful world)" e "Molly and Pete"
O 29 de agosto de 2013 participaron xunto con Crystal Fighters e Wilhelm and the dancing animals en Cave-Rave das Covas de Zugarramurdi.
Membros
editar- Josu Ximun Billelabeitia - Guitarra e voz
- Lore Nekane Billelabeitia - Baixo e voz
- Lander Zalakain - Batería e voz
- Cris Lizarraga - Teclado e voz
Discografía
editarEP
editarNotas
editar- ↑ "Entrevista a Belako por dknmars". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2014. Consultado o 04 de maio de 2017.