Begoña Fernández Molinos
Begoña Fernández Molinos, nada en Vigo o 22 de marzo de 1980,[1] é unha xogadora de balonmán galega, que xoga na posición de pivote.
Begoña Fernández Molinos | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Begoña Fernández Molinos |
Nacemento | 22 de marzo de 1980 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | balonmanista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Despois de comezar xogando ao balonmán no Balonmán Ría de Vigo e no Balonmán O Porriño, ficha polo Milar l'Eliana de València en 1998. En 2002 pasa a xogar na SD Itxako de Lizarra, co que consegue ser subcampioa da copa da EHF. En 2005 marcha ao Elda Prestigio de Elda e en 2008 volta ao club navarro do Itxako.
Internacionalmente, representou a España en diversas ocasións, e en 2008 obtivo a medalla de prata nos campionatos de Europa, onde ademais foi escollida mellor pivote do campionato[2].
En 2012 participou nos Xogos Olímpicos de Verán coa selección feminina de España, clasificándose para semifinais, onde foron derrotadas por Montenegro, aínda que conseguirían a medalla de bronce, ao imporse ao conxunto de Corea do Sur por 29-31 no partido polo terceiro posto[3].
Recoñecementos editar
En 2013 recibiu o Premio á "Mellor deportista" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da II Gala do Deporte Feminino Galego.[4]
Notas editar
- ↑ Imparable Begoña Fernández, La Voz de Galicia, 30 de decembro de 2009 (en castelán).
- ↑ «É unha gran recompensa tras abandonar Galicia moi nova», entrevista en La Voz de Galicia, 14 de decembro de 2008.
- ↑ Resultados oficiais da competición de balonmán feminino. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de 2012. (en inglés).
- ↑ "Ames acolle a II Gala do deporte feminino galego". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-02-20.