Begoña
Begoña é un distrito da cidade de Bilbao, capital da provincia vasca de Biscaia. Divídese nos barrios de Begoña, Bolueta e Santutxu. Ten 45 450 habitantes e unha superficie de 1,77 km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Biscaia | ||||
Comarcas | Gran Bilbao | ||||
Concello | Bilbao ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1,77 km² ![]() | ||||
![]() |

Historia
editarEn 1300 fundouse a vila de Bilbao nunha porción de terra xunto ao Nervión-Ibaizábal que ata entón pertencera a Begoña. Bilbao creceu en poboación, poder económico e político e, en 1925, acabou anexionando o elizate de Begoña.
Barrios
editar- Begoña
- Bolueta
- Santutxu
Lugares de interese
editarO seu principal trazo de identidade é a Basílica da Nosa Señora de Begoña, patroa de Biscaia, e que dá orixe ao nome propio feminino "Begoña". A festividade de Begoña celébrase os días 15 de agosto (A nosa Señora) e principalmente o 11 de outubro, coincidindo coa declaración canónica da Virxe de Begoña como patroa de Biscaia por parte do papa Pío X en 1903.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Begoña |