Beggars Banquet Records

selo discográfico

Beggars Banquet Records é un selo independente inglés que apareceu como unha cadea de tendas de discos dirixidas por Martin Mills e Nick Austin, e é parte do grupo de selos Beggars Group. En 1977, estimulados pola imperante estética "DIY" do movemento punk rock británico (entón na cima da súa popularidade), decidiron crear un selo independente e editar discos baixo a etiqueta Beggars Banquet. A primeira banda da discográfica foi o grupo inglés de punk The Lurkers; a primeira edición do selo sería o sinxelo desta banda "Shadow/Love Story". Posteriormente nesa década e a comezos dos 80, éxitos con Tubeway Army e Gary Numan aseguraron o futuro da discográfica. Dende entón publicaron música de Biffy Clyro, Buffalo Tom, The Charlatans, The Cult, The Go-Betweens, The National e Tindersticks. En 2008, Beggars Banquet deixou de contratar a novos artistas e os que pertenecían ao selo pasaron ao seu afiliado, 4AD.

Beggars Banquet Records
Tipoeditora discográfica independente
Data de fundación1977
Fundador(es)Martin Mills
SedeLondres
PaísReino Unido
Na rede
http://www.beggars.com/banquet/
editar datos en Wikidata ]