Bayer Giants Leverkusen

O Bayer Giants Leverkusen é un equipo de baloncesto profesional, parte do club polideportivo alemán TSV Bayer 04 Leverkusen con sede na cidade de Leverkusen, Renania do Norte-Westfalia. O equipo foi fundado en 1961, sendo o club máis laureado do baloncesto xermano con catorce títulos de Liga e dez de Copa.[1] Porén, en 2008, viuse forzado a descender da Basketball Bundesliga por unha redución no seu orzamento. Actualmente compite na ProA, segunda catogoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus encontros como local no Ostermann-Arena, pavillón con capacidade para 3 500 espectadores.

Bayer Giants Leverkusen
Información xeral
Liga ProA
Fundación 1961
Historia TuS Bayer 04 Leverkusen (1961−1983)
TSV Bayer 04 Leverkusen (1983−2000)
Cores           Vermello, branco
Adestrador Alemaña Hansi Gnad
Patrocinador Bayer
Localización
Cidade Alemaña Leverkusen, Alemaña
Pavillón Ostermann-Arena
Capacidade 3 500
Inauguración 1974
Campionatos
Liga 14 (1970−1972, 1976, 1979, 1985−1986, 1990−1996)
Copa 10 (1970−1971, 1974, 1976, 1986−1987, 1990, 1991, 1993, 1995)
giants-leverkusen.de

Historia editar

O Bayer Giants Leverkusen foi fundado co nome de TuS Bayer 04 Leverkusen en 1961. Antes do final da década, en 1968, o club conseguiu o ascenso á máxima categoría do baloncesto alemán, a Basketball Bundesliga. Antes de mudar o seu nome a TSV Bayer 04 Leverkusen en 1983, o club gañou cinco Ligas e catro Copas de Alemaña. De feito, o Bayer é o equipo máis laureado do país, contando nas súas vitrinas con catorce títulos de Liga e 10 de Copa. En 2008, a empresa farmacéutica Bayer decidiu reducir o orzamento dedicado ao patrocinio do equipo para centrarse no fútbol e no atletismo. Como consecuencia, o club vendeu a súa praza na BBL ao Düsseldorf Baskets e descendeu de categorías até chegar á ProB, terceiro nivel do baloncesto xermano.

Ano a ano editar

Ano Nivel Liga Posición Copa Competicións europeas
1989–90 1 Bundesliga Campión 2 Copa de Campións de Copa R16
1990–91 1 Bundesliga Campión 1 Copa de Europa CF
1991–92 1 Bundesliga 1 Euroliga FG
1992–93 1 Bundesliga Campión 1 Euroliga FG
1993–94 1 Bundesliga Semifinalist 1 Euroliga FG
1994–95 1 Bundesliga Campión 1 Euroliga FG
1995–96 1 Bundesliga Subcampión 1 Euroliga FG
1996–97 1 Bundesliga 1 Euroliga FG
1997–98 1 Bundesliga 2 EuroCup R32
1998–99 1 Bundesliga 3 Copa Korać FG
1999–00 1 Bundesliga 3 Copa Korać FG
2000–01 1 Bundesliga Terceiro 1 SuproLiga LR
2001–02 1 Bundesliga 3 Copa Korać R16
2002–03 1 Bundesliga 4 Regional Challenge Cup North
2003–04 1 Bundesliga
2004–05 1 Bundesliga 13º
2005–06 1 Bundesliga 10º
2006–07 1 Bundesliga
2007–08 1 Bundesliga
2008–09 4 1. Regionalliga
2009–10 3 ProB
2010–11 3 ProB
2011–12 3 ProB 11º
2012–13 3 ProB
2013–14 2 ProA 13º
2014–15 2 ProA 14º
2015–16 2 ProA 15º
2016–17 3 ProB
2017–18 3 ProB
2018–19 3 ProB
2019–20 2 ProA
2020–21 2 ProA

Títulos editar

  • Liga de Alemaña
    • Campión (14): 1970, 1971, 1972, 1976, 1979, 1985, 1986, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996
  • Copa de Alemaña
    • Campión (10): 1970, 1971, 1974, 1976, 1986, 1987, 1990, 1991, 1993, 1995

Xogadores editar

Destacados editar

Notas editar

  1. "Erfolg/Historie". giants-leverkusen.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar