Batalla do encoro de Chosin

A batalla do encoro de Chosin, tamén coñecida como a campaña do lago de Changjin (en chinés: 长 津 湖 战役, pinyin: Cháng Jīn Hú Zhànyì), foi unha batalla decisiva da guerra de Corea.[nota 2] Pouco despois de que a República Popular da China entrase no conflito, o Noveno Exército Popular de Voluntarios (EPV) chineses penetrou no nordés de Corea do Norte e sorprendeu ao corpo X de marines dos Estados Unidos de América. na área do encoro de Chosin.[nota 3] Ao pouco librouse unha brutal batalla de 17 días con temperaturas baixo cero. No período comprendido entre o 27 de novembro e 13 de decembro de 1950, os 30 000 soldados das Nacións Unidas (EE. UU. e os seus aliados), baixo o mando do xeneral maior Edward Almond, foron rodeados por uns 67 000 soldados chineses ao mando de Song Shi-Lun.[2][4] Aínda que as tropas chinesas eran superiores en número, as forzas da ONU conseguiron romper o cerco e retirarse, inflixindo grandes perdas no bando chinés. A evacuación das tropas estadounidenses polo porto de Hungnam supuxo a retirada total e definitiva das tropas da ONU de Corea do Norte.

Batalla do encoro de Chosin
Parte de Guerra de Corea

Data 27 de novembro-13 de decembro de 1950
Lugar Campos de Changjin, Corea do Norte
Resultado Vitoria do bando chinés
Belixerantes
ONU ONU
 China República Popular da China
 Corea do Norte
Líderes
 Estados Unidos Douglas MacArthur
 Estados Unidos Edward Almond
 Estados Unidos Oliver P. Smith
 China Mao Zedong
 China Peng Dehuai
 China Song Shi-Lun
Forzas en combate
Nominais: 103 520[1]
Combatentes: ~30 000[2]
Nominais: 150 000[3]
Combatentes: ~67 000[4]
Baixas
Fontes de EE. UU.:
1029 mortos e 4894 desaparecidos
4582 feridos
7338 baixas fóra de combate[5][nota 1]
15 tanques perdidos[6]
Estimación de China:
13900[7]

Notas editar

  1. A 1ª división de marines reportou 604 mortos, 114 mortos por ferida, 192 desaparecidos, 3485 feridos e 7338 baixas fora de combate. Porén, o corpo X de EE. UU. discrepa no número con só 393 mortos, 2152 feridos e 76 desaparecidos para a 1ª división de marines. Esta cifra se calcula engadindo as baixas da 1ª división nas baixas totais reportadas polo corpo X. Véxase Appleman 1990, pp. 345-347 e Montross & Canzona 1992, pp. 381-382.
  2. A fontes oficiais chinesas se refiren á batalla como campaña de segunda fase no sector oriental (第二次战役东线).
  3. Na nomenclatura militar chinesa, o termo "exército" (军) significa corpo, mentres que o termo "grupo de exército" (集团军) significa exército.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.