Batalla de Rorke's Drift

Rorke's Drift foi unha estación militar de KwaZulu-Natal (Suráfrica), coñecida como KwaJimu polos zulús[1].

A Defensa de Rorke's Drift, de Alphonse de Neuville (1880).

Horas despois da derrota británica na batalla de Isandhlwana, durante a guerra anglo-zulú, Dabulamanzi kaMpande liderou un ataque zulú contra o almacén KwaJimu o 22 de xaneiro de 1879.[1] A dotación da estación, destinada a hospital militar e que nese momento tiña 36 enfermos, estaba composta de 139 soldados británicos. Unha compañía do 24º Rexemento de Infantaría[2], conseguiu defenderse do ataque de 4 000 guerreiros zulús.[3] Á chegada dos zulús as tropas auxiliares nativas desertaran.[3]

Trala chegada de nativos do corpo de auxiliares que escaparan de Isandhlwana, o comandante John Rouse Merriott Chard decidiu fortificar a posición ao modo dun laager, unha liña de defensa circular, xeralmente formada por caravanas, pero neste caso formada por caixas de munición e sacos de fartiña.[4] Os zulús cesaron os ataques arredor das catro da mañá do día 23, acumulando cerca de cincocentas baixas.[3] A vitoria non se deu como segura ata as oito e cuarto da mañá, cando o grupo capitaneado por Russel, do 12º de lanceiros, volvía co grupo de avance das forzas de Lord Chelmsford, confirmando a retirada dos zulús.[2]Na banda británica houbo 27 baixas[2] e calcúlase que morreron arredor de 500 zulús.[2][1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Battles of Isandlwana and Rorke's Drift". Britannica.com (en inglés). Archived from the original on 26 de marzo de 2018. Consultado o 25 marzo 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Matarranz, Raúl. "Marea negra y cruces Victoria: La Batalla de Rorke's Drift". museo-militar-empire.es (en castelán). Archived from the original on 25 de agosto de 2017. Consultado o 25 marzo 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Británicos y zulúes, la lucha por Sudáfrica". National Geographic (en castelán). Archived from the original on 15 de maio de 2018. Consultado o 25 marzo 2018. 
  4. "Battle of Rorke’s Drift". britishbattles.com. Consultado o 26-03-2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.