Basket Club Ferrara

club de baloncesto italiano da cidade de Ferrara

O Basket Club Ferrara foi un club de baloncesto italiano con sede na cidade italiana de Ferrara, na rexión de Emilia Romaña, fundado en 1999 e desaparecido en 2011. Nas temporadas 2008-09 e 2009-10 competiu na Serie A da Liga Italiana.

Basket Club Ferrara
Información xeral
Fundación 1999
Desaparición 2011
Cores                Branco, prata, negro
Localización
Cidade Italia Ferrara, Italia
Pavillón PalaCarife
Capacidade 3.504
Inauguración 1982

Historia editar

O club, fundado en 1999, comeza a súa andaina nas categorías inferiores do baloncesto italiano, acadando o ascenso á Serie A2 na súa terceira tempada de existencia. Tras clasificarse en dúas ocasións para os play-offs de ascenso en 2004 e 2006, finalmente conseguiu chegar á máxima categoría en 2008. Porén, tras tan só dous anos, descende na temporada 2009-10. Despois da temporada 2010–11 na segunda categoría, o presidente do club Roberto Mascellani vende os dereitos do Ferrara ao Biancoblù Basket Bologna, equipo que tentou suplir durante 2011 e 2013 ao Fortituto Bologna, acabando coa actividade do club. O equipo renacería entón co nome de Pallacanestro Ferrara 2011, competindo na temporada 2015-16 na Serie A2.

Patrocinadores editar

Ao longo dos anos, debido a patrocinios, o club foi coñecido como:

  • Sinteco Ferrara (1999-2002)
  • Carife Ferrara (2002–2010)
  • NaturHouse Ferrara (2010–2011)

Xogadores editar

Destacados editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar