Bash
Bash é un shell de Unix (intérprete de comandos de Unix) escrito para o Proxecto GNU. O nome é o acrónimo de Bourne-again shell (Consola Bourne Renacida) — un xogo de palabras sobor o Bourne shell (sh), que foi unha das primeiras consolas importantes de Unix. Cara 1978 o shell Bourne era o shell distribuído co Unix Version 7. O shell Bourne orixinal foi escrito por Stephen Bourne, por entón investigador dos Bell Labs. O shell Bash foi escrito en 1987 por Brian Fox. En 1990, Chet Ramey converteuse no seu principal mantedor. Bash é o shell por defecto na maioría de sistemas Linux ademais de Mac OS X Tiger, e pode executarse na maioría dos sistemas operativos tipo Unix. Tamén foi portado a Microsoft Windows polo proxecto Cygwin.
Bash | |
---|---|
Unha sesión de Bash | |
Desenvolvedor(es) | Brian Fox |
Última versión | 5.2.15[1] (13/12/2022) |
Repositorio | git |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Tipo | Intérprete de comandos |
Licenza | GNU GPL |
Sitio web | www |
Sintaxe do Bash
editarA sintaxe de comandos do Bash é un superconxunto da sintaxe do shell Bourne. A especificación definitiva da sintaxe de comandos do Bash pódese atopar no Bash Reference Manual distribuído polo proxecto GNU. Esta sección destaca algunhas das características únicas do Bash.
A gran maioría dos shell scripts (guións de comandos) Bourne poden ser executados por Bash sen ningún cambio, coa excepción daqueles guións de shell Bourne que fan referencia a variables especiais de Bourne ou que utilizan un comando interno de Bourne. A sintaxe de comandos de Bash inclúe ideas tomadas do Korn shell (ksh) e o C shell (csh), como a edición da liña de comandos, o historial de comandos, a pila de directorios, as variables $RANDOM e $PPID, e a sintaxe de substitución de comandos POSIX: $(...). Cando se utiliza coma un intérprete de comandos interactivo, Bash proporciona autocompletado de nomes de programas, nomes de ficheiros, nomes de variables etc, cando o usuario preme a tecla TAB.
A sintaxe de Bash ten moitas extensións que non proporciona o shell Bourne. Enuméranse a continuación varias das extensións mencionadas.
Matemáticas con enteiros
editarUnha gran limitación do shell Bourne é que non pode realizar cálculos con enteiros sen lanzar un proceso externo. Un proceso Bash pode realizar cálculos con enteiros utilizando o comando ((...)) e a sintaxe de variables $[...] da seguinte maneira:
VAR=55 # Asigna o valor enteiro 55 á variable VAR. ((VAR = VAR + 1)) # Suma un á variable VAR. Olle a ausencia do carácter '$'. ((++VAR)) # Outra maneira de sumar un a VAR. Preincremento estilo C. ((VAR++)) # Outra maneira de sumar un a VAR. Postincremento estilo C. echo $[VAR * 22] # Multiplica a variable VAR por 22 e substitúe o comando polo resultado. echo $((VAR * 22)) # Outra maneira de realizalo mesmo.
O comando ((...)) tamén se pode utilizar en sentenzas condicionais, xa que seu código de retorno é 0 ou 1 dependendo de se a condición é certa ou falsa:
if ((VAR == Y * 3 + X * 2)) then echo Si fi ((Z > 23)) && echo Si
O comando ((...)) soporta os seguintes operadores relacionais: '==', '!=', '>', '<', '>=', e '<='.
Un proceso Bash non pode realizar cálculos en coma flotante. Os únicos shell Unix capaces disto son o Korn Shell (versión de 1993) e o zsh (a partir da versión 4.0).
Redireccións de Entrada/Saída
editarA sintaxe do Bash permite diferentes maneiras de redirección de entrada/saída das que o Shell Bourne tradicional carece. Bash pode redirixir a saída estándar e os fluxos de saída de erro á vez utilizando a sintaxe:
comando &> ficheiro
que é máis simple que teclear o comando Bourne equivalente, "comando > ficheiro 2>&1". Desde a versión 2.05b, Bash pode redirixir a entrada estándar desde unha cadea utilizando a seguinte sintaxe (denominada "here strings"):
comando <<< "cadea a ler como entrada estándar"
Se a cadea contén espazos en branco, débense utilizar aspas.
Exemplo: Redirixe a saída estándar a un ficheiro, escribe datos, cerra o ficheiro e reinicia stdout
# Fai que o descritor de ficheiro 6 sexa unha copia de stdout (descritor ficheiro 1) exec 6>&1 # abre o ficheiro "test.data" para escritura exec 1>test.data # xera algún contido echo "data:data:data" # pecha o ficheiro "test.data" exec 1>&- # Reinicia stdout o facer que sexa unha copia do descritor de ficheiro 6 exec 1>&6 # pecha o descritor de ficheiro 6 exec 6>&-
Abre e pecha ficheiros
# abre o ficheiro test.data para letura exec 6<test.data # le ata o final do ficheiro while read -u 6 dta do echo "$dta" done # pecha o ficheiro test.data exec 6<&-
Captura a saída de comandos externos
# executa 'find' e garda os resultados en VAR # busca nomes de ficheiros que rematan coa letra "h" VAR=$(find . -name "*h")
Expresións regulares
editarOs procesos Bash 3.0 soportan emparellamento de expresións regulares utilizando a seguinte sintaxe, reminiscente do Perl:
[[ string =~ regex ]]
A sintaxe de expresións regulares é a mesma que documenta a páxina do manual regex(3). O estado de saída do comando anterior é 0 se a cadea concorda coa expresión regular, 1 se non casan.
Nas expresións regulares, as partes delimitadas por parénteses, poden ser accedidas utilizando a variable shell BASH_REMATCH, da seguinte maneira:
if [[ abcfoobarbletch =~ 'foo(bar)bl(.*)' ]] then echo A expresión regular coincide! echo $BASH_REMATCH—produce: foobarbletch echo ${BASH_REMATCH[1]} -- produce: bar echo ${BASH_REMATCH[2]} -- produce: etch fi
Esta sintaxe proporciona un rendemento superior a lanzar un proceso separado para executar un comando grep, porque o emparellamento das expresións regulares ten lugar no propio proceso Bash. Se a expresión regular ou a cadea conteñen un espazo en branco, ou un metacarácter do shell (coma '*' ou '?'), debe estar entre aspas.
Escape con contrabarra
editarAs palabras coa forma $'string' trátanse dun modo especial. Estas verbas expándense a string, cos caracteres escapados pola contrabarra substituídos segundo especifica a linguaxe de programación C. As secuencias de escape con contrabarra, descodifícanse do seguinte modo:
Backslash Escape |
Expands To ... |
---|---|
\a | Carácter de aviso (campaíña) |
\b | Carácter para tras |
\e | Carácter de escape |
\f | Carácter de expulsión de papel |
\n | Carácter de liña nova |
\r | Carácter de retorno de carro |
\t | Carácter de tabulador horizontal |
\v | Carácter de tabulador vertical |
\\ | Carácter de barra invertida |
\' | Carácter de aspa simple |
\nnn | O carácter de oito bits cuxo valor é o valor octal nnn (un a tres díxitos) |
\xHH | O carácter de oito bits cuxo valor é o valor hexadecimal HH (un ou dous díxitos hexadecimais) |
\cx | Carácter control-X |
O resultado expandido atópase entrecomillado entre aspas simples, coma se o signo dólar non estivese presente.
Unha cadea entrecomillada con aspas dobres precedida por un signo dólar ($"...") será traducida de acordo ó LOCALE actual. Se fose C ou POSIX, ignórase o símbolo $. Se a cadea é traducida e substituída, a substitución estará entrecomillada por aspas dobre.
Guións de inicio do Bash
editarCando Bash arranca, executa os comandos que se atopan en diferentes scripts. Cando se invoca a Bash como shell interactivo para o inicio dunha sesión (login shell), ou como shell non interactivo coa opción --login, en primeiro lugar le e executa comandos desde o ficheiro /etc/profile, se existe. Despois, busca ~/.bash_profile, ~/.bash_login, e ~/.profile, nesa orde, e le e executa os comandos desde o primeiro que existe e é lexible. A opción --noprofile pode utilizarse ó comezar un novo shell para inhibir este comportamento. Cando un login shell termina, Bash le e executa os comandos de ~/.bash_logout, se existe.
Cando un shell interactivo que non é un login shell arranca, Bash lee e executa comandos desde ~/.bashrc, s existise. Isto pode evitarse utilizando a opción --norc. A opción --rcfile ficheiro forzará a Bash a ler e executar comandos desde ficheiro na vez de ~/.bashrc.
Cando Bash arranca dun modo non interactivo, por exemplo para executar un shell script diferente, busca a variable de contorno BASH_ENV, se existe expande o seu valor, e utilízao coma o nome do ficheiro para ler e executar. Bash comportase coma se se executase o seguinte comando:
if [ -n "$BASH_ENV" ]; then . "$BASH_ENV"; fi
mais o valor da variable PATH non se utiliza para buscar o ficheiro.
Se se invoca a Bash co nome sh, tenta replicar o comportamento das versións antigas de sh, á vez que se mantén a conformidade co estándar POSIX. Cando se invoca como login shell interactivo, ou shell non interactivo coa opción --login, primeiro tenta ler e executar comandos desde /etc/profile e ~/.profile, nesta orde. A opción --noprofile pode utilizarse para evitar este comportamento. Cando se invoca como un shell interactivo co nome sh, Bash busca a variable ENV, se está definida expande o seu valor, e utiliza o valor expandido coma o nome dun ficheiro para ler e executar. Coma un shell invocado coma sh non tenta ler e executar comandos desde ningún outro ficheiro de arranque, e a opción --rcfile non ten efecto. Un shell non interactivo invocado co nome sh non intenta ler ningún outro ficheiro de arranque. Cando se invoca coma sh, Bash entra no modo posix despois de ler os ficheiros de inicio.
Cando se inicia Bash no modo posix, por exemplo coa opción --posix, segue o estándar POSIX para os ficheiros de inicio. Neste modo, os shells interactivos expanden a variable ENV e lense, e execútanse, os comandos desde o ficheiro do cal o nome é o valor da variable expandida. Non se le ningún outro ficheiro de arranque.
Bash tenta determinar cando está sendo executado por un demo (daemon) do shell remoto, normalmente rshd. Se Bash determina que está sendo executado por rshd, le e executa comandos desde ~/.bashrc, se este ficheiro existe e é lexible. Non fará isto se se invoca como sh. A opción --norc pode utilizarse para evitar este comportamento, e a opción --rcfile pode utilizarse para forzar a ler outro ficheiro, pero rshd normalmente non invoca o shell con estas opcións ou permite que sexan especificadas.
Notas
- ↑ "Páxina de descargas de GNU Bash patch list". 29 de maio de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bash |
Ligazóns externas
editar- Bash home page
- Bash FAQ
- The GNU Bash Reference Manual, (HTML version) por Chet Ramey e Brian Fox, ISBN 0-9541617-7-7
- Programación bash (en español)Arquivado 19 de febreiro de 2006 en Wayback Machine.
- Bash Guide for Beginners
- BASH Programming - Introduction HOW-TO
- Advanced Bash-Scripting Guide
- Linux Shell Scripting Tutorial - A Beginner's handbook(en inglés)
- Beginners Bash Tutorial
- Linux Know-How including the Bash Guide for Beginners