Proxecto GNU

Software libre, proxecto de colaboración masiva

O proxecto GNU é un proxecto informático que ten por finalidade a de desenvolver un sistema operativo completo baseado en UNIX utilizando unicamente software libre. Dito sistema operativo é GNU, e é o que lle dá nome ao proxecto.

Proxecto GNU
Heckert GNU.png
Tipofree software project
Data de fundación27 de setembro de 1983
Fundador(es)Richard Stallman
Nomeado en referencia aGNU
Organización relacionadaFree Software Foundation
Na rede
https://www.gnu.org/
editar datos en Wikidata ]


OrixeEditar

O 27 de setembro de 1983 Richard Stallman anunciou publicamente o nacemento do proxecto no grupo de noticias net.unix-wizards. Ao anuncio orixinal seguírono outros ensaios escritos por Stallman, coma o Manifesto GNU, que estableceron as súas motivacións para iniciar o proxecto, entre as que destaca «retornar o espírito de cooperación que prevaleceu nos tempos iniciais da comunidade de usuarios de computadoras».

TraxectoriaEditar

Para defender legalmente o software do seu sistema operativo, Stallman escribiu para o proxecto GNU unha licenza que asegurase que se recoñecerían non só os dereitos que debe fornecer ao usuario o software libre, senón tamén certas obrigas para asegurar que quen desenvolvese (cambiando ou mellorando) software libre baixo esta licenza tamén utilizase a mesma licenza para o resultado do seu traballo. Dita licenza chamouse GPL.

A continuación, Stallman comezou o desenvolvemento dun compilador de C, GNU C Compiler. Este compilador foi fundamental no desenvolvemento do software libre, posto que unha porcentaxe moi alta deste software está escrito en C.

O proxecto tamén comezou a desenvolver un kernel para o sistema GNU, GNU Hurd, pero na actualidade este kernel aínda non é funcional.

O proxecto seguiu e segue desenvolvendo aplicacións libres para o sistema operativo GNU.

Aplicacións desenvolvidas polo proxectoEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar