Baselios Cleemis Thottunkal
Baselios Cleemis Thottunkal (en malayalam: ബസേലിയോസ് കര്ദ്ദിനാള് ക്ലിമ്മീസ്), nado o 15 de xuño de 1959 en Mukkoor (distrito de Pathanamthitta Kerala, India) é un eclesiástico católico siro-malankar, arcebispo maior de Trivandrum da Igrexa Católica Siro-Malankara dende 2007, e cardeal dende 2012.
ബസേലിയോസ് കര്ദ്ദിനാള് ക്ലിമ്മീസ് Baselios Cleemis | |
---|---|
![]() | |
Arcebispo Maior da Igrexa Católica Siro-Malankara | |
Biografía | |
Nacemento | 15 de xuño de 1959 en Mukkoor, distrito de Pathanamthitta Kerala, India |
Nome secular | Isaac Thottumkal |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 11 de xuño de 1986, por Cyril Baselios |
Consagración episcopal | 15 de agosto de 2001, por Cyril Baselios |
Creado cardeal | 24 de novembro de 2012, por Bieito XVI |
Elixido patriarca | 8 de febreiro de 2007 |
Arcebispo Maior de Trivandrum | |
2007 - actualidade | |
Predecesor | Cyril Baselios |
Outros | |
![]() Escudo de Baselios Cleemis | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
Naceu como Isaac Thottunkal o 15 de xuño de 1959 en Mukkoor, unha vila do distrito de Pathanamthitta no estado de Kerala.
O 11 de xuño de 1986 foi ordenado sacerdote polo bispo de Battery Cyril Baselios Malancharuvil.
O 18 de xuño de 2001 foi nomeado bispo auxiliar de Trivandrum e bispo titular de Chaialum. Recibiu a ordenación episcopal o 15 de agosto do mesmo ano, de mans do arcebispo de Trivandrum Cyril Baselios.
O 11 de setembro de 2003 foi nomeado bispo de Tiruvalla. Cando a sé foi elevada a arquieparquía, o 15 de maio de 2006, foi nomeado arcebispo metropolitano.
O 8 de febreiro de 2007 foi elixido arcebispo maior de Trivandrum polo Sínodo da Igrexa Católica Siro-Malankara. A súa elección foi aceptada por Bieito XVI ao día seguinte, e feita pública o 10 de febreiro.
O 24 de novembro de 2012 o papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de cardeal-presbítero de San Gregorio VII.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: India |