Barreira Uzbekistán-Kirguizistán
A Barreria de Uzbekistán e Kirguizistán é unha barreira fronteiriza feita para previr a infiltración terrorista. A construción comezou en 1999 após ataques bomba en Tashkent, capital uzbeka, feita por organizacións Islámicas procendentes de Kirguizistán. O valado, unilateralmente erguido en territorio disputado causou dificultades económicas nas áreas agrícolas do val do Fergana e separou moitas familias nesta rexión tradicionalmente integrada.
Barreira Uzbekistán-Kirguizistán | ||
---|---|---|
Uzbekistán en laranxa e Kirguizistán en verde. | ||
Tipo | Barreira fronteiriza | |
Localización | Uzbekistán Kirguizistán | |
Construción | 1999 | |
Tipo | Zona de conflito |
Efectos e consecuencias
editarConsecuencias económicas
editarSucesos coma a eliminación dunha sección de 2 metros de valado na estrada entre Osh e a pequena cidade provincial de Aravon en xaneiro do 2000, provocou frustración na poboación local da rexión fronteiriza e cidadáns uzbekos aproveitaron para facer contrabando e enviar bens a Kirguizistán para alí vendelos.
O 14 de maio de 2005, un día despois do masacre de Andijan, uzbekos locais tomaron o control en Qorasuv cidade fronteiriza con Kirguizistán, tomando edificios do goberno e atacando ao alcalde. Centos de uzbekos tentaron saír do país pola situación política e dous pontes foron reconstruídas cun esforzo para revivir o comercio con Kirguizistán.
Conflitos entre comunidades
editarO sur de Kirguizistán é fogar dunha visíbel minoría uzbeka. Nos anos 90, ao comezo da construción da barreira, provocouse unha tensión entre uzbekos e a maioría kirguiz, levando a altercados que provocaron 170 mortos. As seguidas disputas de territorio entre Kirguizistán e Uzbekistán en 1999 foron engadidas nas tensións.[1]
Notas
editar- ↑ Megoran, Nick (March 15, 2000). "Bad neighbors, bad fences". Asia Times Online. Arquivado dende o orixinal o 19/03/2014. Consultado o 26/8/2016.
A Galipedia ten un portal sobre: Kirguizistán |