Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdades

filme de 2022 dirixido por Alejandro González Iñárritu

Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdades, ou sinxelamente Bardo, é un filme mexicano de 2022 coescrito, editado, producido e dirixido por Alejandro González Iñárritu.[1] O filme está protagonizado por Daniel Giménez Cacho xunto a Griselda Siciliani, e conta a historia dun xornalista/documentalista que regresa a México e comeza a ter unha crise existencial en forma de visións oníricas. O título fai referencia ao concepto budista bardo, un estado limiar entre a morte e o renacemento.[2] É o primeiro filme de Iñárritu rodado completamente en México dende Amores perros en 2000.

Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdades
Ficha técnica
Título orixinalBardo, falsa crónica de unas cuantas verdades
DirectorAlejandro González Iñárritu
Produtor
  • Alejandro González Iñárritu
  • Stacy Perskie Kaniss
Guión
Intérpretes
Música
FotografíaDarius Khondji
Montaxe
  • Alejandro González Iñárritu
  • Mónica Salazar
Estudio
  • M Productions
  • Redrum
DistribuidoraNetflix
EstreaFestival de Venecia: 1 de setembro de 2022
Duración159 minutos
Orixe México
XéneroDrama e comedia negra
Recadación43.116 dólares
Na rede
IMDB: tt14176542 Filmaffinity: 910164 Allocine: 290922 Rottentomatoes: m/bardo_false_chronicle_of_a_handful_of_truths Metacritic: movie/bardo-false-chronicle-of-a-handful-of-truths Netlix: 81249430Editar o valor em Wikidata

Bardo estreouse na 79ª edición do Festival de Venecia para competir polo León de Ouro o 1 de setembro de 2022, e estreouse nos cinemas o 18 de novembro de 2022. Estreouse posteriormente en liña a través de Netflix o 16 de decembro de 2022. Recibiu valoracións polarizadas da crítica, que eloxiou as actuacións, a fotografía e a dirección, mais estaban divididas na súa escritura e duración. Foi escollido como candidato de México para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[3] clasificándose na lista curta de decembro. Foi nomeado na categoría de mellor fotografía.

Personaxes editar

Notas editar

  1. Grobar, Matt (2021-09-23). "Alejandro G. Iñárritu's New Comedy Gets Title; Oscar Winner's First Project In His Native Mexico Since 'Amores Perros'". Deadline (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-23. 
  2. Scott, A. O. (2022-11-03). "'Bardo, False Chronicle of a Handful of Truths' Review: It's a Stressful Afterlife". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-02-21. 
  3. Goodfellow, Melanie (29 de setembro de 2022). "Oscars: Mexico Submits Alejandro G. Iñárritu’s ‘Bardo’ For Best International Film Category". Deadline.com. Consultado o 29 de setembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar