Baraka (filme)

filme de 1992 dirixido por Ron Fricke

Baraka é un filme documental non narrativo de 1992 dirixido por Ron Fricke. O filme foi comparado con Koyaanisqatsi, o primeiro da triloxía "Qatsi" de Godfrey Reggio para os cales Fricke exerceu como director de fotografía.[2] Foi o filme máis recente en ser fotografado en formato 70mm Todd-AO, e o primeiro filme da historia en ser restaurado e escaneado en resolución 8K.[3][4]

Baraka
Ficha técnica
Título orixinalBaraka
DirectorRon Fricke
ProdutorMark Magidson
GuiónConstantine Nicholas
Genevieve Nicholas
MúsicaMichael Stearns
FotografíaRon Fricke
MontaxeRon Fricke
Mark Magidson
David Aubrey
EstudioMagidson Films
DistribuidoraThe Samuel Goldwyn Company
Estrea24 de setembro de 1992
Duración97 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDocumental
Orzamento$2 000 000
Recadación$1 300 000[1]
Na rede
IMDB: tt0103767 Filmaffinity: 296921 Allocine: 9089 Rottentomatoes: m/baraka Allmovie: v131202 TCM: 434915 Metacritic: movie/baraka TV.com: movies/baraka Netlix: 283136 Editar o valor en Wikidata

Contido

editar

Baraka é un filme documental sen narrativa ou voz. Explora temas a través dun recompilatorio de espectáculos naturais, vida, actividade humana e fenómenos tecnolóxicos rodados en 24 países de tódolos continentes durante 14 meses.

O filme de Ron Fricke é unha continuación do filme de Godfrey Reggio, Koyaanisqatsi de estilo semellante e sen narrativa. Fricke foi fotógrafo e colaborador no filme de Reggio, e para Baraka obrigouse a si mesmo a puír e mellorar as técnicas forográficas empregadas en Koyaanisqatsi. Rodado en 70mm, inclúe unha mestura de estilos fotográficos incluíndo slow motion e time-lapse. Dous sistemas de cámaras foron usados para conseguilo. Un sistema Todd-AO para as tomas convencionais, mais para executar as tomas time-lapse Fricke tiña unha cámara especial construída para combinar a fotografía en time-lapse con movementos perfectamente controlados.[5]

Entre as localizacións do filme encóntranse a Igrexa do Santo Sepulcro de Xerusalén, o templo Ryōan-ji de Kyoto, o lago Natron de Tanzania, os campos de petroleo en chamas de Kuwait, un volcán activo en Hawai, unha terminal de metro chea, as celebracións tribais dos masai en Kenya, e os monxes do mosteiro Dip Tse Chok Ling.

  1. "Baraka (1993)". Box Office Mojo (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2020. 
  2. "Baraka". Rotten Tomatoes (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2008. 
  3. "Baraka". Spirit of Baraka. Consultado o 20 de maio de 2021. 
  4. Ebert, Roger (16 de outubro de 2008). "Great Movies: Baraka (1992)". RogerEbert.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2008. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  5. "A Conversation with Mark Magidson and Ron Fricke". IN70MM.com. Consultado o 26 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar