Bangka é unha illa situada fronte á costa sueste de Sumatra, en Indonesia. Ten 11 910 km² e 789 809 habitantes (2003), a maioría da poboación é chinesa, historicamente traballadores nas minas de estaño.

Bangka
ID - Bangka.png
Localización da illa
Bangka.jpg
Situación
PaísFlag of Indonesia.svg Indonesia
MarOcéano Pacífico
Coordenadas2°15′S 106°00′L / -2.250, -106.000
Xeografía
Superficie11.942 km²
Longura máxima222 km.
Largura máxima114 km.
Punto máis alto654 m. Bukit Bebuluh
Demografía
CapitalPangkalpinang
Poboación960.692 (Censo 2010)
Densidade82´65 hab./km²

Hai unha pequena illa adicional chamada Pulau Bangka no norte das Célebes, Indonesia.

XeografíaEditar

Separada de Sumatra polo estreito de Bangka, ao norte limita co Mar da China Meridional, ao leste coa illa de Belitung a través do estreito Gaspar e ao sur co Mar de Xava. A principal cidade da illa e capital da provincia de Bangka-Belitung é Pangkalpinang. Sungailiat é a segunda cidade máis grande da illa de Bangka. Muntok é o porto principal no oeste. A cidade máis importante na rexión meridional é Toboali, Koba un importante centro mineiro de estaño, tamén situada na párte sur da illa, e Belinyu unha cidade famosa polos seus produtos do mar. Hai 4 portos de mar en Bangka, Muntok no afastado oeste, Belinyu no extremo norte, Sadai no extremo sur, e Pangkal Balam é o máis próximo a Pangkal Pinang.

A maioría das zonas xeográficas da illa están formadas por chairas baixas, pantanos, pequenos outeiros, praias, campos de pementa branca e explotacións mineiras de estaño.

HistoriaEditar

Bangka foi cedida ao Reino Unido polo sultán de Palembang en 1812, pero en 1814 intercambiouse cos Países Baixos por Cochin na India. A illa foi ocupada polo Xapón desde febreiro de 1942 até agosto de 1945. Converteuse en parte da Indonesia independente en 1949. A illa, xunto coa veciña Belitung, formaba parte da provincia de Sumatra do Sur (Sumatera Selatan), pero en 2000 as dúas illas convertéronse na nova provincia de Bangka-Belitung. Bangka é famosa por outros dous acontecementos, o masacre da illa de Bangka de enfermeiras australianas polos xaponese na Segunda Guerra Mundial e como é tratada no libro "Lord Jim" de Joseph Conrad.

EconomíaEditar

Desde 1710, Bangka foi un dos principais centros de produción do mundo de estaño. A produción de estaño é un monopolio do goberno de Indonesia, é a máis grande fundición de estaño en Muntok. A Pementa tamén se produce na illa.

DemografíaEditar

A maioría dos habitantes son malaios e chineses, na súa maioría Hakka. A poboación divídese entre aqueles que traballan nas minas de estaño, plantacións de aceite de palma, as plantacións de caucho, pescadores e aqueles que traballan nas granxas de pementa.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar