Abrir o menú principal

Bandeira de Tokelau

A bandeira de Tokelau foi adoptada polo parlamento local de dito territorio dependente de Nova Zelandia en maio de 2008.[1] Ata esa data, a bandeira oficial correspondía á bandeira de Nova Zelandia.

Bandeira de Tokelau
Bandeira de Tokelau
Características
Uso
Proporción1:2
Adopciónmaio de 2008
Cores     Azul     Amarelo     Branco

A bandeira de Tokelau está composta por un fondo azul mariño sobre o que hai un triángulo curvado de cor amarela con catro estrelas formando a Cruz do Sur no cantón. O fondo representa o Océano Pacífico mentres que as estrelas son unha referencia a Nova Zelandia e ós tres atois que forman Tokelau (Atafu, Nukunono e Fakaofo) e a illa Swains, reclamada por Tokelau pero baixo administración actual dos Estados Unidos de América (a través da Samoa Americana).

En 1989 foi deseñada unha bandeira de carácter non oficial destinada a representar a Tokelau. Esta bandeira consiste nun pano de cor azul no que figuran tres aneis concéntricos dourados. Estes aneis aparecen cortados na súa parte esquerda e dereita. No corte dos aneis que está situado máis preto do mastro hai tres estrelas brancas de cinco puntas cada unha e no que está máis afastado, unha palmeira de cor verde. As estrelas e os aneis representan de igual forma ós atois do arquipélago, aínda que non inclúen a Swains.

Outras bandeirasEditar

NotasEditar

  1. Council for the Ongoing Government of Tokelau. "Newsletter" (en inglés). Consultado o 13/06/2008. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar