Bandeira de Sikkim
No presente, o estado de Sikkim, na India, non conta cunha bandeira oficial. Porén, o reino independente de Sikkim tivo unha bandeira nacional até que se converteu nun estado da India no ano 1975.
Reino de Sikkim (1877–1975)
editarO Reino de Sikkim utilizou varias bandeiras ao longo da súa historia. Todas contiñan unha roda de oración Budista khorlo co gankyil como elemento central.[1] Até o ano 1967, a bandeira mostraba un deseño moi complexo cun bordo fantasioso e pictogramas relixiosos que rodeaban o khorlo.
En 1967, adoptouse un deseño máis sinxelo debido á dificultade de duplicación da complexa bandeira. O bordo quedou vermello sólido, os pictogramas foron eliminados e a roda foi redeseñada.
Coa admisión de Sikkim á República da India e coa abolición da monarquía, a bandeira perdeu a súa oficialidade en 1975.[2]
-
Reconstrución da bandeira real de Sikkim dende 1877 até 1975.
-
Reconstrución da bandeira de Sikkim dende 1877 até 1914 e dende 1962 até 1967.
-
Reconstrución da bandeira de Sikkim dende 1914 até 1962.
-
Bandeira de Sikkim usada entre 1967 e 1975.
Notas
editar- ↑ "A bandeira de Sikkim no FOTW". fotw.info. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "Sikkim en worldstatesmen.org". worldstatesmen.org. Consultado o 12 de maio de 2022.