Bandeira de Asturias

A bandeira de Asturias é a tradicional rectangular coa Cruz da Vitoria en amarelo sobre fondo azul, segundo se establece no Estatuto de Autonomía do Principado de Asturias, no seu artigo 3.1. Dos brazos da cruz colgan as letras gregas alfa maiúscula e omega minúscula, que significan o principio e a fin (a infinita extensión de Deus). A letra omega é minúscula e non maiúscula porque así se atopa representado nas ilustracións máis antigas que se coñecen, como as pinturas de San Xulián dos Prados.

Bandeira de Asturias
Bandeira de Asturias
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción19 de decembro de 1990
Cores     Azul     Amarelo

O eixo vertical da Cruz da Vitoria está a unha distancia da vaina de media anchura da bandeira. Na súa forma de gala ou respecto, a bandeira confecciónase con tafetán de seda coa Cruz da Vitoria de ouro e pedras preciosas, mentres que nos demais casos fanse con tecido forte de la ou fibra sintética, levando a Cruz da Vitoria estampada o sobreposta. Na versión da bandeira «para uso distinto da su colocación no mastro», a Cruz da Vitoria sitúase no centro.

Algúns sectores políticos utilizan a denominación de «Asturina» para referirse a ela. A orixe do termo está no empregado por Conceyu Bable e o nacionalismo asturiano (o primeiro partido que a usou foi o Conceyu Nacionalista Astur) para referirse á bandeira asturiana nos anos setenta.

Historia editar

A orixe da bandeira de Asturias está en 1808, durante a guerra da Independencia española. Como aínda non había bandeira oficial española, os asturianos crearon a bandeira actual, sen ningunha intención separatista na guerra contra o imperio de Napoleón.[1] Na súa primeira versión incluía o lema Asturias jamás vencida (Asturias xamais vencida).

Variantes editar

Notas editar

  1. "Los tres momentos históricos en los que Asturias pudo ser independiente" (en castelán). La Voz de Asturias. 8 de setembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar