Baltasar Darder Sansó

filólogo, mestre e activista cultural balear

Baltasar Darder Sansó, nado en Ariany o 16 de abril de 1948 e finado en Palma o 6 de abril de 1991, foi un filólogo, mestre e promotor sociocultural mallorquín.

Infotaula de personaBaltasar Darder Sansó
Biografía
Nacemento16 de abril de 1948 Editar o valor em Wikidata
Ariany, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de abril de 1991 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Palma, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade das Illas Baleares Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista cultural , catedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1975 diplomouse en Maxisterio pola Escola Universitària de Formació del Professorat d'Educació General Bàsica, de Palma. En 1988 licenciouse en filoloxía catalá pola Universidade das Illas Baleares.

Foi un activista social, e un gran promotor da cultura catalá, amais de coordinar diversos proxectos culturais. Entre 1973 e 1988 dirixiu a escola do padroado xitano de Son Banya. O 1 de maio de 1975 foi detido por repartir propaganda da Junta Democrática de Mallorca[1].

En 1991, trala súa morte, foille concedido o galardón Francesc de Borja Moll dos Premios 31 de desembre. Na actualidade unha asociación e un local social levan o seu nome.

Notas editar

  1. "Primer de maig" Arquivado 25 de xuño de 2009 en Wayback Machine., artigo de Miquel López Crespí en www.nodo50.org (en catalán).