Baldur's Gate
Baldur's Gate é un videoxogo ambientado no universo de fantasía Reinos Esquecidos de TSR e baseado no xogo de rol Advanced Dungeons & Dragons. Foi desenvolvido pola empresa BioWare.
Baldur's Gate | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor(es) | BioWare |
Distribuidora(s) | Interplay Entertainment |
Deseñador(es) | James Ohlen |
Compositor(es) | Michael Hoenig |
Lanzamento | 21 de decembro de 1998 |
Xénero | videoxogo de rol |
Modos de xogo | videoxogo multixogador, videoxogo para un xogador e modo cooperativo |
Clasificación | PEGI ![]() USK ![]() |
Plataforma(s) | Microsoft Windows e Mac OS Classic |
Na rede | |
https://web.archive.org/web/20070702201631/http://www.bioware.com/games/baldurs_gate/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Baldur's Gate caracterízanse pola amplitude da súa historia e a cantidade de aventuras secundarias presentes. O xogador crea un personaxe ao que se lle unen outros que o xogador controla igualmente, ata completar un equipo de seis aventureiros. As regras axústanse a unha edición lixeiramente modificada das regras da segunda edición de AD&D, e permiten o uso de todas as razas e clases dispoñibles, así como un centenar de feitizos máxicos.
Sinopse
editarO xogador métese no papel dun orfo criado na vila de Candeleiro (Candelkeep) xunto coa súa amiga Imoen polo sabio meigo Gorion. Cousas estrañas empezan a ocorrer na rexión, coñecida como Costa da Espada (Sword Coast): detense a produción de ferro, as mercancías xa manufacturadas desfanse, e aínda dentro dos muros de Candeleiro hai mercenarios á caza do xogador. Gorion ordena recoller algún equipamento básico e marchar a un lugar seguro, pero na metade da viaxe o xogador e o vello meigo son emboscados. A loita termina coa morte de Gorion e empeza o xogo. Coñecer xente coa que se interactúa axudará o xogador a seguir adiante. Tendo máis compañeiros, debe descubrir o segredo da escaseza de ferro.
Requisitos do Sistema
editar- Mínimos: Pentium II a 166 MHz, DirectX 5.0, 16 MB de RAM, 300 MB de espazo libre no disco duro e unha tarxeta gráfica de 2 MB.
- Recomendados: Pentium II a 200 MHz, 32 MB de RAM, 600 MB de espazo libre no disco duro e unha tarxeta gráfica de 4 MB.
Saga
editarA saga de Baldur's Gate componse do propio Baldur's Gate, a súa expansión Baldur's Gate:Tales of the Sword Coast, a súa segunda parte Baldur's Gate 2 e a súa expansión Baldur's Gate 2:Throne of Bhaal.
Recepción
editarRecepción | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Premios
editarEn 1999 Baldur's Gate gañou o Premio Origins por Mellor Xogo de Rol de Ordenador de 1998, e en 2000 Baldur's Gate: Tales of the Sword Coast gañou o premio de 1999.
Notas
editar- ↑ "Baldur's Gate for PC". GameRankings. CBS Interactive. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2010.
- ↑ "Baldur's Gate for PC Reviews". Metacritic. CBS Interactive. Consultado o 25 de xullo de 2009.
- ↑ Scorpia (1 de abril de 1999). "Baldur's Gate". Computer Gaming World. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2000. Consultado o 17 de maio de 2021.
- ↑ "Baldur's Gate Review". GameSpot. CBS Interactive. Consultado o 28 de setembro de 2012.
- ↑ Ward, Trent C. (19 de xaneiro de 2012). "Baldur's Gate - BioWare proves that they are more than capable of carrying the AD&D torch". IGN.
- ↑ "Baldur's Gate". Maximum PC 4 (6): 90. xuño de 1999. ISSN 1522-4279. Consultado o 27 de xuño de 2010.
- ↑ Wolf, Michael (abril de 1999). "Baldur's Gate". PC Gamer US. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2000. Consultado o 19 de abril de 2010.
- ↑ Yans, Cindy (26 de xaneiro de 1999). "Baldur's Gate". Computer Games Strategy Plus. Arquivado dende o orixinal o 4 de febreiro de 2005. Consultado o 1 de novembro de 2018.
- ↑ "Baldur's Gate". The Electric Playground. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2008.
- ↑ "Rating; Forgotten Realms: Baldur's Gate". Next Generation (52): 84, 85. abril de 1999.