Balbino Fernández Vázquez

político galego

Balbino Fernández Vázquez, coñecido como Noe, nado na Pobra do Caramiñal en 1914 e finado na Coruña o 10 de abril de 1997, foi un político galego.

Infotaula de personaBalbino Fernández Vázquez
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de abril de 1997 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJosé Fernando Fernández Vázquez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Irmán máis novo de José Fernando Fernández Vázquez,[1] mariñeiro, foi directivo da Casa do Pobo da Pobra do Caramiñal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e refuxiouse na serra do Barbanza permanecendo alí co seu irmán e un grupo de homes armados. Cando rematou a resistencia permaneceu agochado ata que foi detido e posteriormente xulgado en Santiago de Compostela por rebelión e condenado a 20 anos de prisión. Saíu en liberdade condicional con liberación do desterro en 1941.[2] Instalouse na Coruña, onde foi inspector dunha compañía de seguros. Finou na Coruña o 10 de abril de 1997.[3]

Vida persoal editar

Casou con María Teresa Rosende Queiruga e foi pai de Juan, María Balbina e María Francisca Fernández Rosende.

Notas editar

  1. "Un hermano del comandante Sotomayor conoció su paradero al leer un reportaje en La Voz de Galicia", La Voz de Galicia, 2-2-1979, p. 20.
  2. El Compostelano, 31-7-1941, p. 2.
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 11-4-1997, p. 48.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar