Arneiróns

Arneiróns sobre uns mexillóns
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Maxillopoda
Subclase: Thecostraca
Infraclase: Cirripedia
Superorde: Thoracica
Orde: Sessilia
Familia: Balanidae
Xénero: Balanus
Da Costa, 1778
Especies

ver texto

Balanus é un xénero de crustáceos cirrípedes da familia Balanidae, coñecidos vulgarmente como arneiróns, cracas ou raña da pedra.

Descrición editar

 
Un arneirón.

Mostra unha relación de inquilinismo sempre en zonas costeiras a pouca profundidade, aínda que pode estar esporadicamente fóra da auga. Co seu corpo cuberto totalmente por unha cuncha ou carapa de cor branca cinsenta, que lle serve de protección, coloniza pedras, rochas, cunchas, postes e todo tipo de obxectos da costa, normalmente por riba da liña da marea, na zona de salpicaduras. O seu corpo de forma cónica, medra sobre un centímetro de alto aproximadamente, formado por 6 placas, e fíxase ás rochas ou ao suxeito pola base.

A súa carapa pétrea pode medir desde milímetros até 5 ou 10 centímetros; a vida activa do organismo só pode observarse baixo a auga, cando se abre a carapa e saca de entre as súas cubertas brancas dous apéndices ramificados que baten regularmente na auga para captar alimento.

O seu corpo visualízase polo opérculo da súa cuncha que dá paso aos cirros, asemellándose á boca dun polbo. Aliméntase de plancto que entran polo opérculo, ao ser arrastrados pola corrente de auga dos seus cirros, atópase en múltiples zonas rochosas, habitando practicamente todos os mares.

Os arneiróns do xénero Balanus son os cirrípedes máis abundantes, tras os que estarían os percebes Lepas e Mitella.

Adoitan atoparse en abundancia sobre as cunchas dos mexillóns.

Para a industria navieira representan un problema, xa que fíxanse sobre os cascos dos buques e forman capas que impiden unha correcta navegación e cáusanlles deterioracións. Outros arneiróns, de 2 e 3 centímetros de diámetro, viven sobre as baleas, onde se enraízan na pel e na graxa, sen saberse o posible dano, ou non, que lle producen ao cetáceo, e a súa relación interespecífica podería pasar de ser considerada inquilinismo a parasitismo.

Especies editar

Considéranse as seguintes especies:[1]

Notas editar

  1. Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF). Natural History Museum of Los Angeles County. pp. 132 pp. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 25 de novembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar