Bahá'u'lláh (farsi: Mírzá Husayn-'Alí, میرزا حسینعلی), nado en Teherán o 12 de novembro de 1817 e finado en Acre o 29 de maio de 1892, foi o fundador e profeta da Fe Bahá'í.

Bahá'u'lláh
Nome completoحسین‌علی نوری
Nacemento12 de novembro de 1817
Lugar de nacementoTeherán
Falecemento29 de maio de 1892
Lugar de falecementoAcre
CausaFebre
SoterradoSantuário de Bahá'u'lláh
NacionalidadeImpério Cajar
RelixiónFe Bahá'í
OcupaciónProfeta e Manifestação de Deus
PaiMírzá `Abbás Núrí
CónxuxeÁsíyih Khánum, Fatimih Khánum e Gawhar Khanum
Fillos`Abdu'l-Bahá, Bahiyyih Khánum, Mírzá Mihdí, Mírzá Muhammad `Alí, Díyá'u'lláh, Mirza Badi'u'llah Effendí e Furughiyyih
IrmánsMírzá Músá e Subh-i-Azal
Na rede
Musicbrainz: 560a050a-c1ae-46a2-8e93-ce336acb4e7b Discogs: 3612542 WikiTree: نوری-7 Find a Grave: 8472 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Santuario de Bahá'u'lláh.

Traxectoria Editar

Fillo da clase dirixente persa. En 1844 faise seguidor do babismo e decide consagrar a súa vida aos pobres, e logo da execución do seu fundador Báb, as autoridades arrestaron a Bahá'u'lláh, nos catro meses que pasa no alxube coñecido como o Pozo Negro, que se converte no berce dunha nova revelación. Tras ser liberado, marcha ao exilio, primeiro a Bagdad, e logo pasou dous anos de meditación nas montañas do Curdistán, en 1856 regresa a Bagdad. Entre o 21 de abril e o 2 de maio de 1863 proclamou aos babís da súa contorna que el era o Prometido que predicira Báb, o 3 de maio marchou para Istambul, onde en decembro foi conducido á prisión de Edirne, onde permaneceu ata 1868 en que foi trasladado a Acre, alí escribiu Kitábi-Aqdas (O libro máis sagrado).

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar