Badr B

Segundo satélite artificial de Paquistán

Badr B, tamén coñecido como Badr 2, foi o segundo satélite artificial de Paquistán. Foi lanzado o 10 de decembro de 2001 mediante un foguete ruso Zenit 2 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][3][4]

Badr B
TipoExperimental / observación terrestre
OrganizaciónSUPARCO[1][2]
Data de lanzamento10 de decembro de 2001[3][4][5][6]
Foguete portadorZenit 2[1][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[4][5]
Obxectivo da misiónEstudo da meteoroloxía especial e dos recursos terrestres.[1][4][5]
NSSDC ID2001-056C
Masa70 kg[1][2][4]
Datos orbitais
Semieixo maior7377,2 km[3]
Inclinación99,2 graos[3]
Apoapse1020,9 km[3]
Periapse991,6 km[3]

Características editar

Badr B foi o segundo satélite artificial pertencente a Paquistán, aínda que lanzado mediante un foguete ruso Zenit 2. A finalidade do satélite é estudar a meteoroloxía espacial e facer observacións da Terra. Foi desenvolvido en colaboración co Reino Unido.[1][4]

Os instrumentos de a bordo poden monitorizar as nubes e o oxíxeno atmosférico a alta resolución.[1][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Badr B" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2011). "Badr B" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BADR B" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 NASA (20 de abril de 2012). "BADR 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 27 de abril de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Note verbale dated 7 November 2001 from the Permanent Mission of Pakistan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (01-89978): 2. 20 de decembro de 2001. Consultado o 27 de abril de 2012. 
  6. Claude Lafleur (2010). "BARD 2" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar