BM Porriño

equipo galego de balonmán

O Club Balonmano Porriño é un equipo de balonmán do concello pontevedrés do Porriño. Conta con 11 categorías, tanto femininas coma masculinas. A sección feminina xoga na División de Honra, a máxima categoría en España.

BM Porriño
Xogadoras do equipo en 2025
Nome completoClub Balonmano Porriño
CidadeO Porriño, Galicia Galicia
Historia1987-
Fundado1987
PavillónPavillón municipal do Porriño
PresidenteGalicia Fernando Godoy Maceira
CompeticiónDivisión de Honra
Cores          Vermello e negro
Na rede
http://www.balonmanoporrino.com/
Twitter: BmPorrino Editar o valor en Wikidata
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial

Historia

editar

Na década de 1970 existiu un equipo de balonmán feminino no Porriño, que na tempada 1974-75 chegou a competir na primeira división, mais o proxecto desapareceu por falta de apoios económico.[1] En 1985 fundouse o club, e na tempada 1990/91 comezaron a traballar coa canteira.[1] Na tempada 1996/97 o club feminino ascendeu á División de Honra. Logo de catro anos descendeu á División de Prata, e recuperou a máxima categoría en 2011.[2] tras unha fase de ascenso[3] que se xogou na propia vila do Porriño.[4] Na tempada 2013/2014 acadaron a 5ª praza, co que se clasificaron para a Recopa EHF, o que lograron de novo na tempada seguinte e na 2022/23.[5]

Foi o club anfitrión da Copa da Raíña nas tempadas 2015-16 e 2016-17,[6] e os dous anos chegaron ás semifinais. Na tempada 2019/20 ían en penúltima posición na liga cando se cancelou a competición por mor da pandemia de COVID-19, polo que finalmente mantiveron a categoría.

Na tempada 2023/24 acadaron a 4ª posición, o que lles permitiu clasificarse para a EHF European Cup.[7][8] Na tempada 2024-25 clasificáronse para o play-off da liga e chegaron á final da EHF European Cup.


Traxectoria

editar

Categoría feminina

editar
Tempada Categoría Posto
2011-2012 División de Honra 10º
2012-2013 División de Honra
2013-2014 División de Honra
2014-2015 División de Honra
2015-2016 División de Honra -

Categoría masculina

editar
Tempada Categoría Posto
2011-2012 Primeira Nacional  
2012-2013 Primeira División Autonómica
2013-2014 Primeira División Autonómica
2014-2015 Primeira División Autonómica  
2015-2016 Primeira Nacional 10º

Distincións

editar

En 2024 recibiu o Premio Antonio Palacios ao deporte.

  1. 1,0 1,1 "Guía DHF 2016/17". issuu.com (en castelán). 18 de setembro de 2016. p. 35. 
  2. "Porriño, Coia y Lavadores, en balonmano, se juegan el ascenso". El Correo Gallego (en castelán). 1 de maio de 2010. 
  3. Dosier informativo Copa de la Reina 2015. 2015. 
  4. "Porriño alberga la fase de ascenso a División de Honor" (en castelán). 15 de abril de 2010. 
  5. "Clasificación temporada 2022-23". Real Federación Española de Balonmano. 15 de abril de 2023. 
  6. "Porriño, sede de la Copa de la Reina por segundo año consecutivo". Real Federación Española de Balonmano (en castelán). 23 de marzo de 2017. 
  7. Jorge Castro (12 de xuño de 2024). "Europa se aleja para el Balonmano Porriño". Atlántico Diario (en castelán). 
  8. Jorge Castro (3 de outubro de 2024). "El Balonmano Porriño se cita con la historia". Atlántico Diario (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.