Búfalo anano

Syncerus caffer nanus

O búfalo anano ou búfalo vermello (Syncerus caffer nanus) é a subespecie máis pequena de búfalo africano.[1] Está relacionado co búfalo do Cabo (Syncerus caffer caffer), co búfalo do Sudán (Syncerus caffer brachyceros) e co búfalo do Nilo (Syncerus caffer aequinoctialis). Porén, é a única das subespecies que habita nos bosques chuviosos de África central e occidental, onde as precipitacións roldan os 1 500 mm.[2]

NotasEditar

  1. Korte 115
  2. Melletti et al. 1312