Bólido de Cheliábinsk

O bólido de Chéliábinsk foi un bólido que o 15 de febreiro de 2013 petou contra a Terra nas inmediacións da cidade rusa de Cheliabinsk[1] ás 3:15 UTC.[2]

Traza deixada polo meteoro
Traza deixada polo meteoro.

Características editar

Estímase que foi o maior dos asteroides que golpeou a Terra no último século. As súas medidas estimadas son dun diámetro duns 20 m e unha masa de 13 000 toneladas, que chocaron a unha velocidade de máis de 18 km·s-1 sobre os montes Urais.[3] A fricción de entrada na atmosfera aumentou a temperatura e fixo que estalase a unha altura duns 30 km liberando medio megatón de enerxía (é dicir, unha enerxía equivalente a medio millón de toneladas de trinitrotolueno, unhas 35 bombas atómicas coma a de Hiroshima). O estoupido tardou dous minutos en chegar á superficie, causando diversos danos, en particular nos vidros dos edificios, o que causou feridas a unhas 1500 persoas.

Notas editar

  1. "Chelyabinsk a decade on: the Sun's invisible asteroids". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-02-23. 
  2. "Asteroid vapour trail". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-02-23. 
  3. "Chelyabinsk asteroid". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-02-23.