Azomonas agilis
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Pseudomonadota
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Pseudomonadales
Familia: Pseudomonadaceae
Xénero: Azomonas
Especie: A. agilis
Nome binomial
Azomonas agilis
(Beijerinck 1901)
Winogradsky 1938

Azomonas agilis é unha especie de bacteria móbil, gramnegativa que se encontra nas augas e pode fixar o nitróxeno atmosférico. É a especie tipo do xénero Azomonas.

A. agilis lembra a un protista coas súas grandes células de forma ovoide, elipsoidal ou cocoide.[1] As súas células son relativamente grandes, xeralmente de 2,5 a 6,4 μm de longo e de 2,0 a 2,8 μm de ancho, aínda que tamén se describiron células xigantes de entre 10,0 e 13,5 μm.[1] As células teñen flaxelación peritrica que lles permite a mobilidade.[1] A especie tamén produce un pigmento difusible amarelo verdoso ou vermello violeta que fluoresce en branco azulado baixo a luz ultravioleta.[1]

A. agilis foi illada por primeira vez e descrito por Martinus Beijerinck en 1901, quen obtivo a especie dunha canle de auga holandesa en Delft.[1] A cepa orixinal de Beijernick perdeuse, polo que agora o neotipo é a cepa illada por Albert Kluyver e van den Bout.[1] Malia que Beijerinck usou o manitol no seu medio de enriquecemento para A. agilis, esta bacteria en cultivo puro non o pode usar como fonte de carbono a non ser que este composto sexa primeiro degradado por outros microbios.[1]

A especie pode tolerar concentracións salinas de ata o 1,0% e é resistente ao iodoacetato (1 μM), o cal suxire que pode ter a capacidade de vivir en augas contaminadas con concentracións relativamente altas de materia orgánica e sales minerais.[1] Esta bacteria tamén está implicada na biorremediación de auga contaminada con cadmio.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Martin Dworkin; Stanley Falkow (12 de outubro de 2006). The prokaryotes: a handbook on the biology of bacteria. Springer. pp. 769–771. ISBN 978-0-387-25496-8. Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  2. You KM, Park YK. Cd2 removal by Azomonas agilis PY101, a cadmium accumulating strain in continuous aerobic culture. Biotechnol Lett. 2 de novembro de 2004;20(12):1157-59.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.