Azomonas
Azomonas | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Azomonas vista en inmersión en aceite a 100x | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Azomonas[1] é un xénero de bacterias tipicamente móbiles, de ovais a esféricas e secretoras de grandes cantidades de limo capsular. Distínguense de Azotobacter pola súa incapacidade de formar quistes, pero, igual que Azotobacter, poden fixar o nitróxeno bioloxicamente en condicións aerobias (diazótrofos). En 2007 suxeriuse que os xéneros Azotobacter, Azomonas e Pseudomonas están relacionados e poderían ser sinónimos.[2]
As bacterias do xénero Azomonas forman inclusións intracelulares de polihidroxialcanoatos baixo certas condicións ambientais (por exemplo, falta de elementos como o fósforo, nitróxeno ou oxíxeno combinados cunha subministración excesiva de fontes de carbono).
Etimoloxía
editarO nome Azomonas significa 'mónada do nitróxeno'. Procede do neolatín azo, 'pertencente ao nitróxeno' e monas, 'unidade' (aquí 'bacteria'). Azo procede á súa vez do grego a e zōē, 'que non sustenta a vida'.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Azomonas Entrada en LPSN [Euzéby, J.P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a folder available on the Internet". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 47 (2): 590–2. PMID 9103655. doi:10.1099/00207713-47-2-590.]
- ↑ Young J. M., Park D.-C. (2007). "Probable synonymy of the nitrogen-fixing genus Azotobacter and the genus Pseudomonas". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 57 (Pt 12): 2894–2901. PMID 18048745. doi:10.1099/ijs.0.64969-0. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2008. Consultado o 24 de maio de 2022.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |