Axis de Argos (en grego antigo: Ἄγις, xen.: Ἄγιδος) foi un poeta grego de Argos, contemporáneo de Alexandre o Grande, a quen acompañou na súa expedición asiática.[1] Quinto Curcio Rufo[2] así como Arriano[3] e Plutarco[4] descríbeno como un sicofanta, un dos aduladores máis baixos do rei. Curtius chámao "o compositor dos peores poemas dende Choerilus" ("pessimorum carminum post Choerilum conditor"), o que probablemente se refería ó seu carácter obsequioso e halagador que á súa poesía. A Antoloxía grega contén un epigrama que probablemente da súa autoría.[5][6][7]

Axis de Argos
Nacementoséculo III a. C.xuliano
Lugar de nacementoArgos
Falecementovalor descoñecido
Ocupaciónescritor, epigrammatist e poeta
editar datos en Wikidata ]

Ateneo menciona un Axis como o autor dunha obra sobre a arte da cociña (ὀψαρτυτικά).[8]

Notas editar

  1. Schmitz, Leonhard (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology 1. Boston: Little, Brown and Company. pp. 73–74. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2018. 
  2. Curtius, viii. 5
  3. Arriano, Anabasis Alexandri iv. 9
  4. Plutarco, De adulat. et amic. discrim. p. 60
  5. Antoloxía grega, vi. 152
  6. Jacobs, Anthol. iii. p, 836
  7. Zimmermann, Zeitschrift für die Alterth. 1841, p. 164
  8. Ateneo, xii. p. 516