Axencia Galega de Emerxencias
AXEGA (Axencia Galega de Emerxencias[1]) é a organización da Xunta de Galicia creada coa Lei 5/2007 do 7 de maio encargada do estudo e a execución da política autonómica en materia de protección civil e xestión de emerxencias xunto co servizo do 112 e Protección Civil.

Funcións Editar
As funcións da AXEGA segundo o artigo 18 da Lei 5/2007 do 7 de maio de emerxencias de Galicia son:
- Xestionar o Centro de Atención de Emerxencias 112 en Galicia.
- Xestionar os helicópteros de emerxencias do 112 e outros medios.
- Analizar os riscos e mais identificalos e localizalos no territorio.
- Desenvolver programas en materia de protección civil e xestión de riscos e de emerxencias.
- Levar a cabo os estudos necesarios para a elaboración do Plan territorial de protección civil de Galicia.
- Avaliar e cualificar o risco cando lle sexa comunicada unha situación de emerxencia.
- Pór á disposición dos órganos competentes da Xunta de Galicia os medios á súa disposición para a xestión das emerxencias.
- Estudar as actuacións necesarias para o restablecemento dos servizos esenciais para a comunidade.
- Fomentar, en colaboración coa consellería competente en materia de voluntariado.
- As demais funcións que no ámbito da protección civil e da xestión de emerxencias se determinen no seu estatuto.
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- axega112.gal Arquivado 06 de novembro de 2018 en Wayback Machine.