Axel Paulsen, nado en Aker, o 18 de xullo de 1855 e finado en Nesodden o 9 de febreiro de 1938, foi un patinador sobre xeo noruegués, que destacou tanto en patinaxe de velocidade como en patinaxe artística. Proclamouse campión de patinaxe de velocidade na primeira competición de patinaxe a nivel mundial, celebrada en Viena en 1882 e, nos anos posteriores, estableceu cinco marcas mundiais en diferentes distancias. Inventou un salto de patinaxe artística, que recibiu o seu nome, o «axel».

Infotaula de personaAxel Paulsen

Paulsen arredor de 1895
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1855 Editar o valor em Wikidata
Aker, Noruega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de febreiro de 1938 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Nesodden, Noruega Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaVestre gravlund Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpatinador de velocidade , patinador artístico sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaNoruega Editar o valor em Wikidata
DeportePatinaxe de velocidade sobre xeo
patinaxe artística sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivamen's singles (en) Traducir
long track speed skating (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEdvin Paulsen e Alfred Paulsen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Paulsen-1583

Traxectoria editar

 
Paulsen na década de 1860

Axel Paulsen naceu en Aker, unha localidade de Noruega próxima a Oslo, en 1855.[n. 1] Os seus pais eran Johan Peter Paulsen (1820–1887), un comerciante de café, e Haagine Olsen (1822–1918). Paulsen creceu na cidade de Oslo,[n. 2] onde o seu pai tiña o seu negocio.[1] Destacou axiña na patinaxe sobre xeo e embarcouse nunha carreira deportiva de éxito, participando en competicións e exhibicións en Europa, nos Estados Unidos e no Canadá.[2][3]

Paulsen casou coa galesa Kathryn Williams en 1885 ou 1886, mais o matrimonio disolveuse en 1890. Contraeu segundas nupcias en 1893 con Anna Elise Nicolaisen (1865–1935). O seu fillo, Harry, continuou os seus pasos e foi campión noruegués de patinaxe artística en cinco ocasión.[1] Trala súa retirada deportiva, tomou as rendas do negocio paterno xunto co seu irmán Edvin. Foi director ata 1936, dous anos antes da súa muerte con 83 anos.[1]

Carreira deportiva editar

Johan Paulsen era un ávido patinador sobre xeo e levaba todos os seus fillos a patinar as fins de semana a Østensjøvannet, un lago da capital norueguesa. Axel entusiasmouse rapidamente polo deporte e practicaba mesmo os días de diario, antes da escola. Co tempo chegou a ser o mellor patinador noruegués en patinaxe de velocidade e patinaxe artística.[1]

Paulsen gañou a carreira de 5000 metros nunha competición nacional de importancia en 1880.[4] O seu debut deportivo internacional tivo lugar no Gran Torneo Internacional de Patinaxe, a primeira competición a nivel mundial de patinaxe sobre xeo, celebrada en Viena en 1882. Gañou a carreira de velocidade e quedou terceiro na proba de patinaxe artística, aínda que obtivo un premio pola súa figura especial, consistente nun salto dunha revolución e media no aire, que pasou a coñecerse como o «salto de Axel Paulsen» ou, simplemente, «axel»,[1][3] e que realizou levando patíns de velocidade.[5]

O 8 de febreiro de 1883 participou nunha competición de velocidade no parque Washington, en Brooklyn, Nova York, onde derrotou os dezasete patinadores máis veloces de Noruega, Inglaterra, os Estados Unidos e o Canadá.[6] Ese mesmo ano sufriu unha derrota en Halifax (Canadá), nunha pista con curvas moi pechadas que non podía tomar a moita velocidade.[4] En 1884 regresou a América e gañou todas as carreiras grazas a un cambio de deseño dos seus patíns para adaptalos ás curvas pronunciadas, polo que recibiu o título de «campión afeccionado do mundo».[1][3][4] Segundo o autor Brian Flood, as marcas de velocidade que estableceu durante as carreiras e exhibicións nos Estados Unidos e o Canadá durante as súas visitas a estes países inspiraron afeccionados e profesionais, que ata ese momento raramente tomaban nota dos tempos empregados en cubrir as distancias e contribuíron a unha renovada afección polo deporte da patinaxe de velocidade en América.[6]

En xaneiro de 1885 celebrouse un campionato internacional de patinaxe sobre xeo en Hamburgo, onde Paulsen, en excelente forma, gañou a carreira de patinaxe de velocidade e quedou no terceiro posto en patinaxe artística.[7] En febreiro de 1885, participou xunto co seu compatriota Carl Verner nun desafío contra os neerlandeses Renke van der Zee e Benedictus Kingma para determinar quen era o mellor patinador mediante unha carreira de 4827 metros en Frognerkilen, Noruega. Asistiron entre 20 000 e 30 000 espectadores. Paulsen obtivo a vitoria, chegando á meta un minuto e cinco segundos antes que van der Zee.[1][4]

Paulsen tivo o título de campión do mundo de patinaxe de velocidade entre 1882 e 1890, perdéndoo o 1 de febreiro de 1890 contra Hugh J. McCormick[8] nunha reunión de tres carreiras en Minneapolis, Minnesota.

Marcas editar

Paulsen estableceu as seguintes marcas mundiais durante a súa carreira:[1]

  • 1885: unha milla en 3 minutos 26,4 segundos
  • 1886: unha milla en 3 minutos 5,4 segundos
  • 1885: dez millas en 39 minutos 7,4 segundos
  • 1886: tres millas en 10 minutos 33,0 segundos
  • 1889: vinte millas en 1 hora, 9 minutos e 15,0 segundos

Influencia no deporte e honores editar

 
Esquema do axel, salto inventado por Axel Paulsen

Ademais de inventar o famoso salto que leva o seu nome, e de introducir un novo deseño para os patíns sobre xeo, [2] Axel Paulsen influíu no desenvolvemento da patinaxe artística como deporte. O seu estilo «nórdico» de patinaxe, caracterizado pola velocidade, movementos amplos e atleticismo atraeu grande atención polo seu contraste co estilo «vienés», de modo ata ese momento, que primaba o trazado de figuras complicadas sobre o xeo a costa do aspecto físico; da fusión de ambas as escolas xurdiu o «estilo internacional», máis similar á patinaxe artística de competición moderna. Tamén se lle atribúe a introdución da postura típica da patinaxe de velocidad, cos brazos cruzados por detrás das costas.[3]

En 1910, no vixésimo quinto aniversario da súa vitoria sobre van der Zee, o Club de Patinaxe de Oslo nomeouno membro honorario.[1] En 1976, foi incluído no Salón da Fama da Patinaxe Artística, como recoñecemento ás súas contribucións neste deporte.[2]

Notas editar

  1. A mediados do século XX, Aker incorporouse a Oslo.
  2. Nesa época, Oslo era coñecida como Christiania.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Axel Paulsen". Norsk biografisk leksikon (en noruegués). Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Hines, James R. (2011). Historical Dictionary of Figure Skating (en inglés). Scarecrow Press. p. 27. ISBN 9780810870857. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Fluegge, Olga (20 de agosto de 2012). "130 years of the axel jump". World Figure Skating (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Tebbutt, C. G. "Modern racing". Skting (1892) (en inglés). 
  5. Figure Skating Glossary. cbc.ca
  6. 6,0 6,1 Flood, Brian; Papenhausen, Richard (1985). Saint John: A Sporting Tradition 1785-1985 (en inglés). Neptune Pub. p. 62. ISBN 9780969221807. 
  7. "Foreign skating". Outing (en inglés) (The Outing Company Limited) 8: 120. 1886. 
  8. Hugh McCormick (D). New Brunswick Sports Hall of Fame