Aweida

rei de Nauru

O rei Aweida, nado co nome Aweijeda en Boe en 1850 e finado en 1921, foi un rei e xefe de Nauru.

Rei Aweida de Nauru.

Traxectoria editar

Aweijeda era fillo do xefe "Jim" e da súa muller, Eidingab da tribo Emea. O seu primeiro matrimonio foi coa filla do xefe, Eibinua da tribo Eamwit da vila do arbusto. Tiveron numerosos fillos. Despois da morte de Eibinua, Aweijeda casou de novo, desta volta con Eidukiri, tamén da tribo Eamwit pero coa cal non tivo fillos.[1]

Antes de que Nauru caese baixo dominio europeo, foi gobernado por un rei que fixo leis que foron aplicadas polos xefes locais. Cando o Imperio Alemán se anexionou Nauru baixo a Nova Guinea Alemá, Aweida mantivo a súa soberanía como rei e retivo o poder sobre o pobo nauruano, malia que pouco máis se coñece sobre el.

Notas editar

  1. Professor Paul Hambruch Documents