Avós
pai ou nai do pai ou da nai
(Redirección desde «Avoa»)
- "Avo" redirixe aquí. Para a moeda divisionaria do Timor portugués e de Macau, véxase: Avo (moeda).
Avós son o pai e a nai dos pais dunha persoa[1], respectivamente denominados avó e avoa. É tradicional tamén denominalos padriño [2] e madriña [3] como forma familiar. Nas culturas tradicionais, os avós tiveron un rol claro en relación ao coidado dos nenos. Isto tendeu a diminuír no desenvolvemento da familia nuclear.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b2/The_Favorite_by_Georgios_Iakovidis.jpg/220px-The_Favorite_by_Georgios_Iakovidis.jpg)
Nos casos en que os pais non poden brindar o coidado adecuado aos seus fillos, os avós poden ter o papel de mantedores ou titores, por iso desde 1998 a ONG Mensaxeiros da Paz celebra cada 26 de xullo, o Día do avó.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para avó.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para padriño.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para madriña.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avós |