Avenoiteiras
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Avenoiteiras Caprimúlxidos Caprimulgidae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chordeiles minor e Caprimulgus vociferus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subfamilas e Xéneros | |||||||||||||
|
As avenoiteiras, noitebras ou noitaregas[1] é o nome co que se coñecen popularmente as aves da orde dos caprimulxiformes pertencentes á familia dos caprimúlxidos.
Estes nomes débense aos seus hábitos nocturnos. Son aves de ás longas e patas curtas, que normalmente fan o seu niño no chan e que se alimentan de insectos voadores, como bolboretas e mosquitos. Os membros deste grupo atópanse amplamente espallados no mundo.
Os caprimúlxidos son aves pouco coñecidas, sobre todo debido aos seus hábitos nocturnos e á súa plumaxe críptica. Porén, están espallados por todo o planeta, principalmente nas rexións máis quentes. Teñen o costume de vivir preto de rabaños, xa que estes lles garanten unha boa concentración de insectos.
Clasificación
editarSubfamilia Chordeilinae
Subfamilia Caprimulginae
- Nyctidromus
- Phalaenoptilus
- Siphonorhis
- Nyctiphrynus
- Caprimulgus
- Macrodipteryx
- Hydropsalis
- Uropsalis
- Macropsalis
- Eleothreptus
Subfamilia Eurostopodidae
Notas
editar- ↑ VV.AA. (2008): Dicionario Xerais Galego-Castelán, Castellano-Gallego. Vigo: Ed. Xerais, páx. 75.