Avenida dos Aliados
A Avenida dos Aliados é unha importante rúa na freguesía de Santo Ildefonso, da cidade do Porto, en Portugal. Xunto coa Praza da Liberdade e a Praza do Xeneral Humberto Delgado constitúe un tecido urbano continuo. É a principal avenida e o centro da cidade do Porto.
Epónimo | Aliados da Primeira Guerra Mundial | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito do Porto | |||
Concello | Porto | |||
Freguesía | Cedofeita, Santo Ildefonso, Sé, Miragaia, São Nicolau e Vitória | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Orixe do nome
editarA avenida é unha homenaxe ós países aliados da primeira guerra mundial.
Lugares de interese
editar- Juventude (tamén coñecida como a Menina dos Aliados) e a A Abundância (Os Meninos), esculturas de Henrique Moreira, localizadas na placa central.
- Edificio da antiga compañía de seguros "A Nacional", obra de Marques da Silva, localizado do lado esquerdo cara a arriba, a carón da Praça da Liberdade.
- Novo Banco (ex-Banco Espírito Santo), no edificio do desaparecido Banco do Minho.
- Banif, no ex-edificio do matutino O Comércio do Porto.
- Culturgest Porto, na Caixa Geral de Depósitos, edificio cunha columnata de grandes proporcións cun torreón cupular.
- Edificio do antigo Café Imperial, actual McDonald's Imperial, considerado polo site 9GAG como "o máis fermoso do Mundo".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avenida dos Aliados |