Avenged Sevenfold (álbum)

Avenged Sevenfold é o cuarto álbum de estudio da banda norteamericana Avenged Sevenfold, publicado o 30 de outubro de 2007. Nun principio a súa publicación estaba programada para o 16 de outubro de 2007, mais atrasouse por preparar os contidos extras.

Avenged Sevenfold
Álbum de Avenged Sevenfold
Publicado30 de outubro de 2007
Gravación2007
Estudio(s)Sunset Sound Recorders en Los Angeles, Eldorado Recording Studios en Burbank e Capitol Studios en Hollywood (Estados Unidos)
Duración53:02
Xénero(s)hard rock, metal
Selo(s)Warner Bros. Records
Producido porAvenged Sevenfold
Cronoloxía
City of Evil (2005) Avenged Sevenfold Live in the LBC & Diamonds in the Rough (2008)

Antes da publicación

editar

A listaxe de cancións do álbum foi publicada na súa canle de Youtube[1] o 9 de agosto de 2007. Unhas semanas antes da data de lanzamento, publican en Youtube os chamados “Webisodes”, un novo cada semana comenzando o primeiro o 24 de agosto. Estes son uns vídeos protagonizados por “Wolfie the Fox” nos que fala da banda e do proceso de realización das cancións do álbum. A primeira canción que dan a coñecer con estes vídeos é “Critical Acclaim”, a cal o 28 de agosto xa se podía descargar na tenda de iTunes. O 9 de setembro de 2007 anúnciase a produción dun vídeo para a canción “Almost Easy” dirixido por P.R. Brown. O 12 de setembro anúnciase a canción "Almost Easy" como primeiro single, e seis días despois pode ser descargado dixitalmente. Xa chegado outubro, a banda concede entrevistas e publican vídeos de actuacións en vivo de “Almost Easy” e “Scream”. Ademais “Afterlife” é escoitada por primeira vez na radio e anúnciase un vídeo animado para a canción “A Little Piece of Heaven”. O 29 de outubro comezan unha xira polos Estados Unidos para promocionar o álbum, e o 30 de outubro o álbum xa está á venda.

Listaxe de cancións

editar

Todas as cancións foron escritas por Avenged Sevenfold.

  1. "Critical Acclaim" – 5:15
  2. "Almost Easy" – 3:53
  3. "Scream" – 4:48
  4. "Afterlife" – 5:52
  5. "Gunslinger" - 4:11 (con Shanna Crooks)
  6. "Unbound (The Wild Ride)" – 5:12
  7. "Brompton Cocktail" – 4:13
  8. "Lost" – 5:02
  9. "A Little Piece of Heaven" (con Juliette Commagere) – 8:02
  10. "Dear God" (con Shanna Crooks) – 6:34

Títulos orixinais

editar

"Disneyland Acid Trip" foi o título orixinal de "Unbound (The Wild Ride)"
"Fast Melodic" foi o título para "Lost"
"Big Bear" foi o título para "A Little Piece of Heaven"
"Country Rocker" foi o título para "Dear God"

Singles

editar

Tras "Almost Easy" en setembro de 2007, o 19 de novembro anúnciase “Afterlife” como seguinte single, mais non é publicado oficialmente ata o 29 de xaneiro de 2008. O 17 de xaneiro de 2008 está dispoñible un vídeo animado dirixido por Rafa Alcantara para a canción “A Little Piece of Heaven” só para os propietarios do MVI, este non está dispoñible para todo o mundo ata o 12 de febreiro. O 19 de marzo os propietarios de MVI teñen acceso ó vídeo “Making of Afterlife” no que se ve como foi realizado o vídeo para a canción Afterlife. O 15 de xuño publícase Dear God como novo single, e conta cun vídeo dirixido por Rafa Alcantara. E o 14 de xullo de 2008 publican “Scream” como último single do álbum.

Este permite aos propietarios rexistrarse e obter acceso a contido descargable exclusivo, a parte do que trae incluído o álbum ó compralo. Contidos:

  • The Making of Avenged Sevenfold (documental)
  • The Making of the Avenged Sevenfold Cartoon (a curtametraxe e como se fixo)
  • Studio tour
  • “Producer for a Day”(Produtor por un Día) gañadores do concurso (vídeo)
  • Todas as pistas en MP3
  • Ur–Tone® aplicación para computador – xera tons de chamada de Avenged Sevenfold
  • Instant Messenger Icons
  • "A Little Piece of Heaven" (vídeo musical animado)
  • "Crossroads" (canción)
  • Making of "Afterlife" vídeo
  • Futuras actualizacións con novos contidos (a través do rexistro)

Créditos

editar

Avenged Sevenfold

editar

Produción

editar
  • Producido por Avenged Sevenfold
  • Enxeñeiros de son: Fred Archambault e Dave Schiffman
  • Mesturado por Andy Wallace
  • Masterizado por Brian Gardner
  • Técnico de batería: Mike "The Sac" Fasano
  • Técnico de guitarra: Walter Rice
  • Arranxos de cordas en "Afterlife" e "Unbound (The Wild Ride)" por Avenged Sevenfold e Marc Mann
  • Arranxos de cordas en "Brompton Cocktail" por Avenged Sevenfold e Bruce Fowler.

Músicos adicionais

editar
  • Programación por Jay E en "Critical Acclaim" e "Scream"
  • Piano e órgano por Jamie Muhoberan en "Critical Acclaim", "Unbound (The Wild Ride)", 'Lost", e "A Little Piece of Heaven"
  • Piano por Greg Kusten en "Almost Easy"
  • Violoncelo por Cameron Stone en "Afterlife", "Brompton Cocktail", e "A Little Piece of Heaven"
  • Violín por Caroline Campbell e Neel Hammond en "Afterlife," "Brompton Cocktail", e "A Little Piece of Heaven"
  • Viola por Andrew Duckles en "Afterlife", "Brompton Cocktail", e "A Little Piece of Heaven"
  • Voces secundarias Zander Ayeroff e Annmarie Rizzo en "Unbound (The Wild Ride)"
  • Percusión por Lenny Castro en "Brompton Cocktail"
  • Coro: Beth Andersen, Monique Donnelly, Rob Giles, Debbie Hall, Scottie Haskell, Luana Jackman, Bob Joyce, Rock Logan, Susie Stevens Logan, Arnold McCuller, Gabriel Mann, e Ed Zajack en "Unbound (The Wild Ride)" e "A Little Piece of Heaven"
  • Clarinete por Bill Liston e Rusty Higgins en "A Little Piece of Heaven"
  • Saxofón tenor por Dave Boruff e Rusty Higgins en "A Little Piece of Heaven"
  • Saxofón barítono por Joel Peskin en "A Little Piece of Heaven"
  • Trompeta por Wayne Bergeron e Dan Foreno en "A Little Piece of Heaven"
  • Trombón por Bruce Fowler e Alex Iies en "A Little Piece of Heaven"
  • Voz adicional de Juliette Commagere en "A Little Piece of Heaven"
  • Banjo por Greg Leisz en "Gunslinger" e "Dear God"
  • Voz adicional de Shanna Crooks en "Gunslinger" e "Dear God"
  • Berro en "Scream" por Valary Sanders
  1. Canle Youtube Avenged Sevenfold