Envellecemento da poboación

(Redirección desde «Avellentamento da poboación»)

O avellentamento ou envellecemento da poboación é un termo empregado en demografía para se referir á mudanza na estrutura das idades dunha poboación, caracterizado por un escaso número de individuos comprendidos entre idades infantís e xuvenís, e predominando pola contra idades maduras e lonxevas.[1]

Media de idade no mundo no ano 2001.

O avellentamento da poboación é característico da segunda transición demográfica, e é consecuencia directa dos cambios socioeconómicos que permiten unha maior supervivencia xeracional (mellora na alimentación, melloras hixiénicas e sanitarias, mellores atencións e coidados, e en definitiva un aumento xeral na calidade de vida).

O aumento da esperanza de vida ten medrado en numerosos países de xeito substancial, feito que produce, por vez primeira na historia da humannidade, un predominio da poboación madura con respecto á poboación nova, en parte consecuencia do éxito das políticas de saúde pública e do desenvolvemento socioeconómico. Tamén a mellora nas cifras de mortalidade infantil influíu no avellentamento da poboación, xa que parte da poboación que antes morría no parto, nos primeiros meses de vida, na infancia ou na xuventude, agora sobrevive durante moitos anos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar