Avelino Barrio López

médico galego

Avelino Barrio López, nado en Toiriz (Vila de Cruces) o 3 de xullo de 1885 e finado en Buenos Aires o 6 de agosto de 1959, foi un médico galego.

Avelino Barrio López
Nacemento3 de xullo de 1885
Lugar de nacementoToiriz
Falecemento6 de agosto de 1959
Lugar de falecementoBuenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
FillosAvelino Barrio Pérez
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era fillo do xastre Manuel Barrio. Con tres anos a familia emigra a Arxentina e instálase en Buenos Aires. Ingresou na Facultade de Ciencias Médicas, doutorándose en 1910. Ese ano empezou a exercer como médico interno do Hospital Muñiz. Cando en 1911 o Centro Gallego de Buenos Aires se transformou en Sociedad Benéfico Mutualista, Avelino Barrio foi designado para encargarse dos consultorios médicos e despois converteuse no Director médico do Centro. Formou parte da Comisión do Departamento Nacional de Higiene da República Arxentina. En 1920, comisionado polo Departamento Nacional de Higiene, realizou unha viaxe por Europa, na que visitou Galicia. En 1929 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega. Socio da Institución Cultural Española, en 1954 foi elixido presidente da mesma. Foi condecorado coas insignias da Orde de Afonso X O Sabio, no segundo grao de Comendador, polo embaixador de España na Arxentina en 1958.

Foi pai do tamén médico e herpetólogo Avelino Barrio Pérez.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar